O punto limpo móbil do Concello estará operativo a partir da primeira semana de xaneiro

O novo servizo, que mellorará a recollida de residuos domésticos pola contorna municipal, instalarase en 12 ubicacións rotativas —unha por semana— repetindo o seu itinerario cada tres mensualidades. Nel poderán depositarse pilas e baterías; lámpadas e tubos fluorescentes; aceites minerais e vexetais; roupa e calzado e pequenos electrodomésticos O 2023 arrancará en Ares cunha gran […]
Campus Chiquibásquet de Nadal: o baloncesto máis navideño achégase ao pavillón polideportivo de Ares

Dende hoxe, mércores, ata o venres 30, o evento proporciona formación e diversión nos seus adestramentos dentro da vila. A sétima edición de Nadal inclúe desta volta preto de 20 xogadores e xogadoras. O VII Campus Chiquibasquet abriu esta mesma mañá as súas portas para encher o pavillón polideportivo municipal de baloncesto. O evento, organizado […]
Últimos días para inscribirte no ZumbAres Fin de Ano

Despide o 2022 con movemento e diversión na sesión de zumba que programa a Concellaría de Deportes para o sábado, 31 de decembro! En horario de mañá (12:00 a 13:00 h.), poderás pasalo ben nunha clase guiada para todas as idades. Se a climatoloxía acompaña, realizarase na Praza da Constitución e, no caso de que […]
Os Reis Magos xa están de camiño a Ares dende Oriente

As súas maxestades chegarán á nosa localidade o 5 de xaneiro, pero tamén precisarán da axuda da mocidade da vila para a súa cabalgata. De feito, na biblioteca municipal de Ares recibiron a súa mensaxe e a partir de mañá, mércores 28 de decembro, ata as 14:00 horas do 4 de xaneiro, estarán recollendo as […]
Aproveitando os raios de sol que temos nas últimas xornadas, é bo momento para desfrutar da hostalería que participa no MercAres!

Se estás pensando onde poder gastar ou mesmo atopar algún dos 280 vales-rascas que habilita a campaña de consumo local do Concello, bota unha ollada aos 11 dos 35 locais de hostalería que achegamos hoxe, dentro do ciclo de presentacións de negocios que decidiron sumarse á iniciativa.
Lembra que mañá, mercores 28 de decembro, a Alianza Aresana acollerá o espectáculo infantil “Cantando con Pinocho” organizado pola Concellaría de Cultura!

Será ás 18:00 horas e, coas actuacións de Cristian Leggiero e Paty Lesta, narrarase unha emocionante aventura sobre Pinocho onde se fala, sobre todo, da importancia de loitar por cumprir os soños, incluíndo cancións con piano e acordeón. Achégate ata o salón de actos da Alianza Aresana!!
A Concellaría de Deportes abre o prazo para a cuarta ruta do SendAres 2022-2023

A iniciativa promoverá unha saída ata Doniños-Prior cun percorrido aproximado de 17 quilómetros onde cobrarán especial relevancia os restos de fortificacións que se poden atopar polo camiño. As persoas interesadas poderán inscribirse dende mañá, 27 de decembro, ás 18:00 horas, ata o 15 de xaneiro, con 25 prazas habilitadas e un prezo de 15 euros. […]
O primeiro premio do MercAres xa ten gañadora!!

A persoa agraciada recolleu o venres pasado o cheque de maior contía da campaña de consumo local da Concellaría de Comercio: uns 500 euros que se fraccionan en importes máis pequenos para facilitar o seu emprego nos establecementos adheridos ó MercAres e que foron entregados polos concelleiros José Juan Vilar e Olimpia Marcos. Con todo, […]
Non puido sacar o seu trineo polo mal tempo, pero iso non impediu que Papá Noel visitase Ares para escoitar os desexos dos máis pequenos durante a xornada do sábado!!

Primeiro pasou polas parroquias, cargado coa súa bolsa de regalos, e logo achegouse ata a Alianza Aresana, onde lle esperaba o seu trono e os seus axudantes. Alí atendeu a todas as familias (e seres mitolóxicos) que aproveitaron o parón da chuvia para coñecelo en persoa. Así lucía Papá Noel esta fin de semana!
O Concello de Ares deséxavos felices festas e un 2023 cargado de saúde e boa sorte!

Bo Nadal!! #ConcellodeAres #ViveoNadalViveAres #ViveAres
Asesoría, reparación de calzado, coidado do corpo con masaxes e sesións de fisioterapia, revisións ópticas ou xestións inmobiliarias…

13 son os negocios que forman parte da categoría de Servizos do MercAres e que achegan todas estas posibilidades á nosa vila! Como tamén participan na campaña de consumo local da Concellaría de Comercio, nos seus establecementos terás a oportunidade de gañar premios nos vales-rasca, xa de paso que desfrutas dalgún dos seus servizos. Queres […]
O bingo solidario de Ares recauda uns 460 euros a favor da Asociación Española Contra el Cáncer

A Alianza Aresana acolleu onte o bingo organizado pola Concellaría de Cultura para apoiar economicamente á AECC, A Asociación Española contra o Cancro, que ten a súa propia delegación en Ares. A iniciativa era bo motivo non só para amosar a solidariedade da veciñanza, senón tamén pasalo ben e botar algunhas risas nunha actividade que […]