A Concellaría de Comercio vén de lembrar a licitación de 3 postos no mercado municipal, no marco de dinamización deste espazo chave para a oferta de produtos de proximidade en Ares

Comparte esta nota de prensa

A presentación de propostas está activa para toda persoa que desexe desenvolver algunha actividade nun dos postos licitados, mais non poderá coincidir con ningunhas das que xa existen na actualidade: freiduría/bar, peixaría, venda de produtos gourmet e tenda de ultramarinos.

As propostas deberán presentarse a través do Rexistro Xeral do Concello en horario de luns a venres ou, se é o caso, por correo electrónico ou ordinario, acreditando o resgardo correspondiente de remisión, xunto coa data de imposición de envío na Oficina de Correos, e anuncialo o mesmo día ó órgano de contratación.

As persoas adxudicatarias aportarán 30 euros ao mes polo posto, xunto con 60 euros/ano pola auga, 118 euros/ano pola luz e o recibo do lixo, ata que non se aprobe a ordenanza municipal fiscal coas novas taxas.

Se tes algunha idea, anímate a desenvolvela!

Máis info en: https://cutt.ly/12ITWsx

Pódeche interesar