O Día das Bibliotecas celébrase cun obradoiro de booktrailers na Alianza Aresana

Para conmemorar o Día das Bibliotecas que se celebra mañá, a Biblioteca Municipal de Ares organiza un obradoiro para público adulto e mozos/as de máis de 12 anos. Desta volta, a actividade centrarase no deseño de booktrailers, pequenas pezas de vídeo nas que se falen dos libros que máis nos gustan! Poderase escoller un do […]

Renovación de DNI na Biblioteca Municipal de Ares o vindeiro 6 de novembro

O 6 de novembro poderás renovar o teu Documento Nacional de Identidade (DNI) na Biblioteca Municipal de Ares!   ✍️ Concerta a túa cita acudindo presencialmente ata alí ou a través do teléfono 981 448 057 no horario de apertura da biblioteca.   👉 Lembra que podes realizar a renovación do DNI ata 6 meses […]

Principia na vila ‘Adestra a túa saúde’, un programa para mellorar a calidade de vida e benestar das persoas maiores de 60 anos en Ares

O municipio aresán é un dos 23 concellos galegos nos que se impulsa este proxecto pioneiro que conecta ao Concello, á Xunta de Galicia e ao Centro de Saúde local. Os profesionais sanitarios prescribiron a pacientes aresáns que o precisaban a realización de actividade física baixo o seguimento e coordinación dun especialista en Educación Física, […]

A Asociación de Fotografía de Ferrolterra imparte un obradoiro no CPI As Mirandas

O CPI As Mirandas, xunto co Concello de Ares, organizou nestes últimos días un obradoiro de fotografía dirixido aos rapaces e rapazas da ESO, coa intervención dos directivos da Asociación de Fotografía de Ferrolterra Mikel Díaz e Martín Quintián, os encargados de impartir a sesión. A mocidade da ESO puido achegarse ás nocións básicas de […]

Convenio entre a Consellería do Medio Rural e a Entidade Local, Concello de Ares, para a Realización de Accións de Prevención e Defensa Contra os Incendios Forestais Durante os Anos 2025-2026

CONVENIO ENTRE A CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E A ENTIDADE LOCAL, CONCELLO DE ARES, PARA A REALIZACIÓN DE ACCIÓNS DE PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA OS INCENDIOS FORESTAIS DURANTE OS ANOS 2025-2026, COFINANCIADO PARCIALMENTE CO FONDO EUROPEO AGRÍCOLA DE DESENVOLVEMENTO RURAL (FEADER) NO MARCO DO PLAN ESTRATÉXICO DA POLÍTICA AGRARIA COMÚN (PEPAC) 2023-2027 Santiago de Compostela, […]

En Ares o cancro de mama tomámolo a peito

Malia que as condicións metereolóxicas non foron favorables, a veciñanza conmemorou na entrada do consistorio o Día Mundial contra o cancro de mama que se celebra cada 19 de outubro nun acto organizado pola Xunta Local da AEC en Ares coa colaboración do Concello. Veciños e veciñas achegáronse ataviados con prendas rosas para asistir á […]

A lembranza de Lucas Seijo Fernández, moi presente na vila de Ares

#SempreLucas: ese é o lema que sintetiza a celebración este sábado pasado no pavillón polideportivo municipal de ‘Xuntos en Ares, lembrando a Lucas’, unha xornada organizada polo Club Alquimia e o Concello para recordar co deporte que amaba a Lucas Seijo Fernández, o veciño falecido traxicamente en setembro de 2024. Os seus compañeiros e compañeiras de patinaxe brindáronlle un […]

Ares conmemora o Día Mundial contra o Cancro de Mama

Xunto coa cadea humana que se celebrará este 19 de outubro ás 13:00 h. no paseo marítimo, o Concello vén de iluminar a fachada do consistorio para conmemorar o Día Mundial contra o Cancro de Mama, unha data para visibilizar esta doenza oncolóxica –o tumor máis diagnosticado no mundo—, concienciar á sociedade e reivindicar máis […]