O Concello arranca o vindeiro 10 de xullo co Ciclo de Cine de Verán ao aire libre

A primeira das proxeccións estará protagonizada polo filme “Ratón Pérez 2” e organizarase no patio das Escolas do Lago a partir das 22:30 h. Continuará o ciclo cinematográfico, que conta co apoio da Rede Cultural da Depuación da Coruña, nas xornadas do 24 de xullo e 14 de agosto.   Esta semana principia unha das […]

Punto limpo móbil instalado en Seselle (07.07.2025)

O punto limpo móbil do Concello xa está dispoñible en Seselle para a recollida de residuos especiais durante toda esta semana. Lembra que alí podes depositar: Pilas e baterías, Lámpadas e tubos fluorescentes, Aceites vexetais e minerais, Pequenos electrodomésticos, Roupa e calzado.

Ares vive un ano máis o seu XIV Mercadillo Veciñal

A pesar da choiva que caeu por momentos durante a xornada, e acompañados dunha néboa matutina, o municipio puido desfrutar onte da decimocuarta edición do seu Mercadillo Veciñal, incluíndo case 120 postos de particulares, tecido asociativo local e profesionais, instalados todos eles no paseo marítimo de Ares. Veciñanza e visitantes percorreron o Mercadillo dende pola […]

O Concello pon en marcha a Oficina Municipal de Turismo para a tempada de verán

Visitantes e veciñanza poderán consultar alí a oferta de actividades e servizos dispoñible neste período estival, dende as visitas ao Mosteiro de Santa Catalina e o alboio de Redes ás rutas en barco ou o aluguer de bicicletas, amais de informarse dos espazos de interese en Ares. Estará aberta até outubro, inclusive, tanto en horario […]

Punto limpo móbil instalado na Praza da Igrexa (01.07.2025)

O punto limpo móbil do Concello instalouse durante a xornada de onte na contorna da Praza da Igrexa de Ares! Lembra que nel podes depositar: Pilas e baterías Lámpadas e tubos fluorescentes Aceites minerais e vexetais Roupa e calzado Pequenos electrodomésticos.

DOA SANGUE en Ares o vindeiro luns

DOA SANGUE Este verán, antes de viaxar, doa sangue! En ARES, o vindeiro luns, 30 de xuño UNIDADE MÓBIL AO CARÓN DE “EL PEZ ROJO” (Avda. Saavedra Meneses) 10:00 a 14:30 h. e 16:00 a 21:00 horas Para doar sangue hai que almorzar e despois de xantar, espere 2 horas. Non esqueza traer a tarxeta […]

Ares súmase á conmemoración do Día da Diversidade Sexual

Nestes últimos días ondea na fachada do Consistorio da vila a bandeira do colectivo LGTBI+, e é este un xesto de apoio ó 28X, o Día da Diversidade Sexual que se celebra mañá, sábado 28 de xuño. A xornada actúa coma reivindicación da igualdade e os dereitos de todas as persoas, independientemente da súa orientación […]

Rafael Catoira gaña o III Premio de Novela Curta “Alén” do Concello de Ares

O autor, nado en Culleredo, recibe o galardón literario pola súa novela ‘Á hora sinalada’, que inclúe unha dotación económica de 2.000 euros e o lanzamento da obra dentro do catálogo da editorial Hércules de Ediciones   Este mesmo 26 de xuño, o Concello de Ares e a editorial Hércules de Ediciones veñen de facer […]

Ares acollerá a XXVIII Travesía a Nado o vindeiro 19 de xullo

O Concello vén de facer hoxe a presentación oficial desta proba deportiva de fonda tradición no municipio. No acto desveláronse os seus principais detalles organizativos. As persoas interesadas deberán reservar praza dende hoxe, 26 de xuño, até o 15 de xullo vía telemática na web institucional. O prezo de participación é de 3 euros, agás […]