O Concello reforza os Servizos Sociais de Ares grazas á achega de 250.000 euros procedente da Deputación

Do total da subvención concedida polo ente provincial, a Concellaría de Benestar recibirá 210.000 euros para incrementar ata as 15.000 horas o Servizo de Axuda no Fogar (SAF) Básico, namentres que o importe restante se adicará a solventar as necesidades do departamento a través de financiamento de persoal. Victoria Montenegro, edila de Benestar: “entendemos a […]
Fervenzas, paisaxe de fraga e algo de aventura nun dos itinerarios máis singulares do SendAres

O programa municipal do SendAres 25-26 levou onte aos sendeiristas por un dos percorridos máis singulares da súa tempada, seguindo o curso do río das Ferrerías desde a praia de Vilarrube ata as proximidades do encoro das Forcadas. Ao longo de preto de 10 quilómetros, os participantes camiñaron entre fervenzas, frondosas zonas de fraga e […]
O club de lectura municipal despide xaneiro coa lectura de ‘El sendero en el bosque’

O venres pasado, o club de lectura do Concello celebrou a súa última reunión para compartir as súas impresións e perspectivas arredor dunha das obras do autor austríaco Adalbert Stifter: ‘El sendero en el bosque’ (Impedimenta Editorial, 2008), unha novela escrita a mediados do século XIX non exente de escintileos de mordacidade. A historia que […]
Corte de auga o vindeiro martes, 3 de febreiro, no Alto de Simou e Avenida de Mugardos

O Servizo Municipal de Augas do Concello informa a todos os usuarios que, por mor dunha actuación na rede de abastecemento municipal, quedará cortada a subministración de auga en: Alto de Simou, e Avenida de Mugardos dende as instalacións de Ramil até o Alto de Simou. Realizarase o vindeiro martes, 3 de febreiro. Desde as […]
Reapertura da Biblioteca Municipal de Ares o 3 de febreiro

Por mor das obras de mantemento que se están a executar na Biblioteca de Ares, as súas instalacións reabriranse ao público o vindeiro martes, 3 de febreiro. Desculpen as molestias que lles poida ocasionar.
FOLGA NO TRANSPORTE EN AUTOBÚS NA PROVINCIA DA CORUÑA: Indefinida dende o 2 de febreiro

Segundo a información dispoñible até o de agora, a folga no sector do transporte de viaxeiros en autobús por estrada da provincia da Coruña adquirirá carácter indefinido a partir do vindeiro 📅 luns, 2 de febreiro. Afectará, como aconteceu ao longo de xaneiro, ao transporte regular e escolar de Ares. Pódese consultar a relación […]
AVISO DA DIRECCIÓN XERAL DE EMERXENCIAS E INTERIOR: Costeiros de nivel vermello

A Axencia Estatal de Metereoloxía (AEMET) informou no seu boletín dun fenómeno metereolóxico adverso de nivel VERMELLO 🔴 (Risco extremo) que afectará ao Noroeste da Coruña dende primeiras horas da tarde de hoxe, 📅 30 de xaneiro. As previsións contemplan mar combinado con ondas de 8 a 9 metros e ventos do Oeste de […]
Corte de auga o vindeiro 2 de febreiro nas parroquias de Caamouco e Cervás

O Servizo Municipal de Augas do Concello informa a todos os usuarios que, por mor dunha actuación na rede de abastecemento municipal, quedará cortada a subministración de auga en: 📍 PARROQUIA DE CAAMOUCO: A Malata, Chao do Monte, Ixobre, O Pallizo, Barracido, Carballás, Urb. Marina do Pombal, A Solaina, As Pezoas, Curmá, O Curro, […]
A Academia AresXSaúde tamén está na rede!

Se non puideches asistir a algunha das sesións da Academia AresXSaúde ou estás interesado en temáticas vencelladas coa saúde, xa podes ver no Youtube institucional as charlas totalmente íntegras dos expertos e expertas que cada mes visitan a vila para entrar en contacto coa veciñanza. O programa educativo do Concello aposta así pola divulgación para […]
Últimos días do MercAres 2025-2026!

A última campaña de consumo de proximidade do Concello rematará este sábado, 31 de xaneiro! Grazas a ela, nos últimos dous meses a institución local distribuiu 6.500 euros repartidos en 307 rascas a disposición da veciñanza nos máis de 90 negocios adheridos. Con todo, lembra que os vales premiados teñen data de caducidade: a […]
Puntos limpos móbiles instalados en Lubre e Pedrós (27.01.2026)

Os operarios do Concello veñen de instalar os puntos limpos móbiles nas contornas de 📍Lubre e Pedrós para que a veciñanza poida depositar alí os seus residuos domésticos. Aproveita e desfaite do que non precises para que sexa tratado adecuadamente! ♻️ PUNTO LIMPO DE PEDRÓS Podes depositar: ✅ Pilas e baterías. ✅ Lámpadas e tubos […]
Ares aproba a distribución do POS+2026 con melloras no campo de fútbol Prados Vellos e na rede de abastecemento de auga potable a Poellas

A renovación da infraestrutura futbolística en Prados Vellos contará cun investimento total de case 400.000 euros, namentres que a mellora do abastecemento no camino municipal de Praia de Estacas será de preto de 75.000 euros, sumando en ambos casos os fondos provinciais e do Concello. Tamén haberá un reforzo no eido social, ao incrementar a […]