Ares rende homenaxe a Gildo Illobre cunha nova edición do seu encontro musical

O Concello de Ares e a Rondalla Trovadores de Ares celebrarán o vindeiro domingo 13 de setembro, ás 19:00 horas, na Igrexa de San Xosé de Ares, a IX Homenaxe Musical a Gildo Illobre, unha cita coa que o municipio mantén viva a memoria e o legado musical deste veciño, falecido en 2015. Nesta edición […]
‘Envellecendo en Ares’ presenta a súa programación para o novo curso 2026/2027

Memoria, lectoescritura, smartphones e música serán as propostas desta nova edición, deseñada para promover un envellecemento activo e favorecer a participación e a socialización. O prazo de inscrición permanecerá aberto do 8 ao 25 de setembro, en horario de 10:00 a 13:00 horas, no Departamento de Servizos Sociais de Ares. O Concello de Ares prepara […]
Pablo J. Rañales presenta Espigas queimadas, a súa nova novela de terror psicolóxico, na vila de Ares

A Concellaría de Cultura programará o acto literario para este xoves, 10 de setembro, a partir das 19:30 h., na Alianza Aresana. Será un evento para afondar nas claves e proceso creativo dunha historia que reflexiona arredor dos bucles afectivos. O autor estará acompañado polo veciño aresá José Montero, ‘Peli’, e asinará exemplares da súa […]
O Concello de Ares recibe unha axuda da Excma. Deputación Provincial da Coruña correspondente ao Programa MA100: Subvencións a concellos para limpeza de praias marítimas para o ano 2026.
O Concello de Ares recibe unha axuda da Excma. Deputación Provincial da Coruña correspondente ao programa MA100: Subvencións a concellos para limpeza de praias marítimas para o ano 2026, por un importe de 19.813,80€. O obxecto deste programa é apoiar aos concellos da provincia da Coruña no sostemento dos gastos de contratación dirixidos á limpeza […]
Cualificacións do primeiro exercicio para o proceso selectivo dunha praza de Oficial de Primeira – Unidade de Abastecemento de Auga.
RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA Expediente: proceso selectivo dunha praza de Oficial de Primeira – Unidade de Abastecemento de Auga. Asunto: publicación das cualificacións do primeiro exercicio e continuación do procedemento. ANTECEDENTES Primeiro.- A Xunta de Goberno Local, na sesión do 18 de maio de 2026, aprobou as bases e a convocatoria para a provisión en réxime […]
Tradición e gastronomía déronse cita na Alianza Aresana

Compartimos algunhas imaxes da charla-coloquio «Entre o cassoulet de Castelnaudary e a fabada asturiana», protagonizada por Juan Prados, acompañado polo alcalde de Ares, Julio I. Iglesias Redondo. Un encontro no que descubrimos a historia, tradición e particularidades de dous pratos emblemáticos da gastronomía europea. Grazas a todas as persoas que participaron e nos acompañaron nesta […]
Ares lembra a figura e o legado de Bello Piñeiro

Compartimos algunhas imaxes do relatorio celebrado na Casa Rectoral de Ares, con motivo do 140 aniversario do nacemento do artista. O encontro contou coa participación de María Fidalgo Casares, doutora en Historia da Arte, e Julio I. Iglesias Redondo, alcalde de Ares , que afondaron na súa traxectoria e no seu legado na pintura galega. […]
A produtora Vaca Films recala de novo en Ares para a rodaxe da nova tempada de “Clanes”

A produtora Vaca Films volve escoller Ares como escenario para gravar varias escenas da nova tempada da serie “Clanes”, que se emitirá en Netflix e conta coas actuacións de Tamar Novas e Clara Lago. O equipo de produción desprazarase a Ares para levar a cabo unha xornada de rodaxe o venres 4 de setembro. Durante […]
“Descobre e xestiona a túa Alta Sensibilidade”, unha charla para coñecer e comprender as Persoas Altamente Sensibles

O Concello de Ares, a través da Concellaría de Cultura, organiza o vindeiro venres, 4 de setembro, ás 19:00 horas, a charla divulgativa “Descobre e xestiona a túa Alta Sensibilidade”, que terá lugar no Salón de Actos da Alianza Aresana. A sesión estará impartida por Concha Tejada, autora, comunicadora e “mentora-fareira” para Persoas Altamente Sensibles […]
Visita institucional ao CPI As Mirandas de Ares con motivo da inauguración das obras de ampliación

O alcalde de Ares, Julio Ignacio Iglesias Redondo, recibiu esta mañá ao conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, durante a visita ao Centro Público Integrado (CPI) As Mirandas, con motivo da inauguración das obras de ampliación do centro educativo. Na visita tamén participaron a delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, […]
Ares volverá a tinguirse de azul este domingo para arroupar á Santa Olalla de Lubre na XIX Bandeira Concello de Ares

Este domingo 30 de agosto, Ares volverá a tinguirse de azul para apoiar o Club de Remo Ares e animar desde a casa á tripulación da Santa Olalla de Lubre nunha das citas máis agardadas do calendario deportivo do municipio. O alcalde de Ares, Julio Ignacio Iglesias Redondo, e José Montero «Peli», presidente e secretario, […]
A Agrupación Instrutiva de Caamouco traslada ao Centro Social da Tenencia as actividades de «Lume no Castelo» e «Lume no Casteliño» por mor da previsión de chuvia

A previsión de chuvia para esta fin de semana obriga a trasladar ao Centro Social da Tenencia as actividades previstas no marco de «Lume no Castelo» e «Lume no Casteliño», organizadas pola Agrupación Instrutiva de Caamouco coa colaboración do Concello de Ares e Campo Capela. A programación dará comezo este sábado 29 de agosto, a […]