Ares contra o cancro de mama

Durante estes últimos días, e tamén ao longo de toda a fin de semana, a casa consistorial de Ares conta cunha nova iluminación sobre a súa fachada, un xesto simbólico para conmemorar o Día Internacional da Loita contra o Cancro de Mama que se celebra cada 19 de outubro. O Concello súmase así á xornada […]
A XIII Limpeza Simultánea de Praias chega a Ares

A Agrupación Instrutiva de Caamouco, coa colaboración do Concello na xestión dos residuos, participará por quinto ano na limpeza de praias que promove ADEGA de xeito simultáneo en toda Galicia durante a xornada do sábado, 26 de outubro. Nese día, ás 11:00 horas, os voluntarios e voluntarias ambientais que se animen a participar realizarán unha […]
O Concello organizará unha recepción institucional ao Club de Remo de Ares o vindeiro 26 de outubro

A institución aresá homenaxeará ao equipo sénior polos seus últimos logros deportivos: o Campionato Galego de Traiñeiras e o título da LGT, a Liga Galega de Traiñeiras e o ascenso á ACT, E tamén se recibirá ao equipo infantil de cuatro scull feminino, gañadoras do Campionato Galego de Remo Olímpico. A recepción iniciarase ás 12:00 […]
O Concello de Ares e a editorial Hércules de Ediciones convocan a terceira edición do Premio Novela Curta Alén

O certame literario convida a autores e autoras en lingua galega a presentar os seus manuscritos orixinais e optar así a un premio por valor de 2.000 euros e a publicación da súa obra na editorial coruñesa. Como en anteriores anos, a migración deberá estar presente nos textos literarios, sen a obrigatoriedade de que sexa […]
Cristian Carnero Solís, terceiro no Campionato de España de Culturismo Natural

O Concello de Ares estende os seus parabéns ao noso veciño Cristian Carnero Solís polos seus últimos resultados no Campionato de España da Federación de Culturismo na súa modalidade natural, acadando o terceiro posto de todo o territorio nacional! Con eses mesmos resultados baixo o brazo, dirixirase ao Torneo Internacional de Culturismo que se celebrará […]
A biblioteca municipal de Ares celebra o Día das Escritoras cunha escolma de grandes obras escritas por mulleres

Dende onte, luns 14 de outubro, e durante toda esta semana, nas instalacións da Alianza Aresana onde radica a biblioteca municipal é posible atopar unha boa selección de obras de escritoras referentes nos diferentes ecosistemas literarios tanto galego como español. Nomes como Dolores Redondo, Arantza Portabales, Julia Navarro, Josefina Aldecoa, Luz Gabás… plumas de calidade […]
III Certame de Novela Curta “Alén” Concello de Ares

BASES DA CONVOCATORIA As bases reguladoras deste premio foron aprobadas por Decreto de Alcaldía do Concello de Ares de data 07/10/2024. Poderán concorrer ao certame de novela curta todas as persoas, maiores de idade, de calquera nacionalidade e/o residencia. Os/as participantes atoparanse ao corrente dos seus deberes tributarios e coa Seguridade Social, e non estarán […]
Cadea humana solidaria contra o cancro de mama

Con motivo do Día Mundial do Cancro de Mama deste 2024, Ares sumarase á conmemoración desta efeméride cunha cadea humana para expresar o seu apoio ás persoas afectadas por esta enfermidade oncolóxica, reivindicando unha maior investigación, prevención e diagnósticos iniciais na loita contra ela. A Xunta local de Ares da Asociación Española contra el Cáncer […]
Punto limpo móbil instalado en Besoxo

O punto limpo móbil do Concello xa está á disposición da veciñanza na contorna de Besoxo durante toda esta semana para que se depositen os residuos de tratamento especial: Pilas e baterías; lámpadas e tubos fluorescentes; aceites minerais e vexetais; roupa e calzado e pequenos electrodomésticos.
A veciñanza voluntaria completa a limpeza do río Frades

No marco da xornada adiada de ‘Móllate polos ríos’, os voluntarios e voluntarias que se sumaron á iniciativa de limpeza das contornas fluviais galegas coordinada por ADEGA, en colaboración coa Concellaría de Medioambiente, achegáronse onte ó nacemento do río Frades para extraer del todo refugallo contaminante. A acción ecolóxica tamén permitiu eliminar a colmatación dos […]
Clasificación do VIII Torneo de Xadrez Concello de Ares

Pos. Nome Pts. APRO BH-C1 BH PS FIDE 1 Rodriguez Guillen, Jorge 5,0 1671 20.0 23.0 18.0 2096 2 Sagradov Sahakyan, Alexander 5,0 1585 18.5 20.5 18.0 1767 3 Souto Perez, Jorge 5,0 1475 16.0 17.0 16.0 1576 4 Arrojo Longa, Ruben 4,5 1646 21.5 23.5 18.0 1612 5 Cerejido Rodriguez, Angel Oreste 4,5 1634 […]
Máis de 40 participantes sumáronse ao VIII Torneo de Xadrez Concello de Ares

Onte o Casino Aresano transformouse en sede efémera do VIII Torneo de Xadrez Concello de Ares, un evento que recupera as dinámicas e sinerxias do pasado, pois a localidade tivo anos atrás unha competición estable semellante a ésta, promovida neste 2024 pola Escola de Xadrez da Galicia Norte, en colaboración coa Escola Ferrolá de Xadrez […]