Os nenos e nenas do ConciliAres exploran a casa consistorial do municipio

As crianzas que forman parte do ConciliAres, o programa de conciliación laboral e familiar do Concello, adentráronse esta mañá no interior do consistorio para comprobar de primeira man como son as súas instalacións e que se fai nelas, amais de coñecer a algunhas das persoas que constitúen a institución local. Preto de 30 nenos e […]
Servizo de renovación de DNI o 1 de setembro en Ares

O 1 de setembro poderás renovar o teu Documento Nacional de Identidade (DNI) na Biblioteca Municipal de Ares! Retómase este servizo de renovación do DNI despois do parón estival nas instalacións da Alianza Aresana. Concerta a túa cita acudindo presencialmente ata alí ou a través do teléfono 981 448 057 no horario de apertura da […]
Lista definitiva de aspirantes admitidos/as e excluidos/as Para A Creación Dunha Listaxe De Reserva Para A Cobertura Das Eventuais Vacantes Ou Ausencias Que Se Poidan Dar Nos Postos De Limpiador/A Municipal Para Realizar Contratacións Laborais Temporais
RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA Asunto: PROCESO SELECTIVO PARA A CREACIÓN DUNHA LISTAXE DE RESERVA PARA A COBERTURA DAS EVENTUAIS VACANTES OU AUSENCIAS QUE SE POIDAN DAR NOS POSTOS DE LIMPIADOR/A MUNICIPAL PARA REALIZAR CONTRATACIÓNS LABORAIS TEMPORAIS OU NOMEAMENTOS INTERINOS. Tendo en conta as bases que regulan a creación dunha listaxe de reserva para a cobertura das […]
As particularidades da lamprea saen á palestra grazas ao relatorio de Juan Prados

Estará o vindeiro 29 de agosto ás 20:00 horas no salón de actos da Alianza Aresana debullando a historia deste produto do mar milenario, unha “reliquia de eras xeolóxicas”, dende diferentes puntos de vista: o histórico, o gastronómico… Haberá ao peche do acto unha degustación para as persoas asistentes. Xa estaban presentes no imaxinario […]
O VeraneAres Deportivo 2025 conclúe con toda a súa actividade estival

O VeraneAres Deportivo puxo o seu punto e final neste agosto deixándonos imaxes que falan por si soas dos trazos característicos desta programación municipal: rapaces e rapazas gozando do período estival a través do deporte, das amizades e do contacto directo coa natureza aresá. 🔷 Ao longo do mes, a programación municipal levou á mocidade […]
Finalizan as obras de acondicionamento do muro anexo ao CPI As Mirandas

O Concello concluíu os traballos de embelecemento e acondicionamento do muro exterior do CPI As Mirandas, un espazo lindante co aparcamento e de paso obrigado cara ao acceso ao colexio. A intervención contou cun investimento próximo aos 30.500 euros, IVE incluído, asumido entre o Concello e o Instituto de Estudos do Territorio (IET) da Xunta […]
O Concello convida á veciñanza a participar no seu programa municipal de compostaxe comunitaria

Para incrementar o emprego das dúas illas de compostaxe comunitaria que ten habilitadas a área de Medioambiente, programaranse dous actos informativos para que veciños e veciñas poidan entender como empregalas, nocións básicas de residuos e como separalos correctamente. Os actos informativos terán lugar o xoves, 28 de agosto, en horario de 16:30 a 18:30 h. […]
A vila despídese da oitava edición do Ares Indiano

Durante estes últimos tres días tan intensos, Ares converteuse nun espazo vivo, cheo de cultura, música, gastronomía, artesanía, creatividade e divulgación histórica para lembrar e recoñecer a memoria da migración local e galega. Chegamos ao remate do VIII Ares Indiano… e toca despedirse! Nesta fin de semana, veciñanza e visitantes pasearon en barco, en autobús […]
Ares viaxa ao pasado para coidar da súa memoria colectiva arredor da migración

Representantes das principais institucións involucradas na oitava edición do Ares Indiano, mais tamén dos axentes colaboradores e patrocinadores, inauguraron esta mañá o evento na Alianza Aresana, símbolo dos esforzos feitos polos indianos a prol da democratización educativa. Durante esta fin de semana, o municipio contará con multitude de actividades lúdico-culturais para recoñecer e homenaxear a […]
Conta atrás para o Ares Indiano!

As follas de palmeira espállanse pola vila, chegan os ritmos e as melodías alén mar, prepáranse os postos e tamén ondea a bandeira de Cuba diante do consistorio. Quedan apenas horas para que principie a oitava edición do noso Ares Indiano: unha viaxe ao pasado, mais tamén un xeito de coidar da nosa memoria colectiva. […]
A divulgación sobre o proceso migratorio chegará a Ares co Seminario de Cultura Ultramarina e as exposicións tematizadas

A Alianza Aresana actuará de novo como epicentro de actos divulgativos para a oitava edición do Ares Indiano, no marco do Seminario de Cultura Ultramarina que propón o Concello. O seu salón de actos acollerá tres iniciativas que porán o foco no proceso migratorio dende diferentes perspectivas. A primeira delas chegará ás 12:30 h. do […]
Sistema de estacionamento polo VIII Ares Indiano

A continuación podes informarte das opcións dispoñibles para aparcar durante a última edición da celebración indiana. P 🔷 Aparcadoiros públicos e gratuítos distribuídos polo núcleo urbano nos que se pode aparcar calquera vehículo a calquera hora. ➖ ⬜ Prazas de aparcamento en rúas nas que pode estacionar calquera vehículo de xeito gratuíto a calquera […]