Noite de ánimas coa Asociación Cultural O Rueiro

Lápidas, seres da noite, a Santa Compaña, esqueletos e bruxas… a Praza Alcalde José L. Lourido acolleu un sinfín de aparicións e moito movemento co Samaín que organizou, xunto co Concello, a nova Asociación Cultural O Rueiro. Entre a diversión e o terror, celebráronse obradoiros de cabazas e zonchos e unha particular rueirada polo camiño […]
Matemáticas escondidas no arredor, un obradoiro para descubrir a beleza da proporción áurea na nosa contorna máis próxima

Deseñado para persoas maiores de 20 anos, a sesión ten condición divulgativa e organizarase o vindeiro 19 de novembro ás 18:30 h. na Aula de Cultura da Rúa Zamborela. As inscricións abren hoxe de xeito telemático a través da web do Concello, www.concellodeares.gal. A segunda sesión do programa ‘Non remates coas mates’, unha proposta […]
O SendAres activa as inscricións para a cuarta ruta da tempada 25-26

Seixo Branco-Lorbé será o percorrido que realizarán os participantes durante a xornada do 23 de novembro, acompañados por unha paisaxe moi mariñeira. A reserva de praza abrirá hoxe a partir das 16:00 horas para empadroados ata o día seguinte na mesma franxa horaria, cando chegue a quenda dos non-empadroados. A Concellaría de Deportes vén […]
A Coruña acolle a seguinte presentación de ‘A hora sinalada’, Premio de Novela Curta Alén Concello de Ares 2025

Rafael Catoira, gañador da última edición do Premio Alén de Novela Curta do Concello de Ares, conversará mañá, 4 de novembro, con Alma Barrón, concelleira de Cultura, e Laura Rodríguez, editora de Hércules de Ediciones, arredor da súa novela galardoada ‘Á hora sinalada‘. O acto de presentación desenvolverase no Espazo Lector Nobel de A Coruña […]
Ampliación de horario na Biblioteca Municipal de Ares

A Biblioteca Municipal de Ares ampliará dende hoxe, 3 de novembro, o horario de apertura, segundo vén de informar o seu equipo técnico dinamizador. A partir de agora, estará aberta de luns a venres, de 9:00 a 14:00 h. e de 16:30 a 20:00 h.
Inscricións para a actividade ‘Unha biblioteca de medo’

Este 1 de novembro ás 00:00 h. ábrese o proceso de reserva de praza para a actividade que se promove na Biblioteca Municipal de Ares polo Samaín, ‘Unha biblioteca de medo’ , con prazas limitadas e un custo de 3 €. Os nenos/as que participen traerán a súa lanterna e unha bolsiña, amais de poder […]
Resolución de alcaldía: loito oficial polo pasamento da menor Lucía Domínguez Singhsawat

RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA POLA QUE SE DECLARA LOITO OFICIAL POLO PASAMENTO DA MENOR LUCÍA DOMÍNGUEZ SINGHSAWAT Como testemuño do pobo de Ares polo falecemento da menor Lucía Domínguez Singhsawat, veciña de Chanteiro, e co desexo de transmitir o máis sentido pésame á súa familia e achegados, Facendo uso das atribucións que me confire o art. […]
Comunicado institucional: pasamento da menor Lucía Domínguez en Ares

O Concello desexa transmitir o máis sentido pésame á familia da menor, Lucía Domínguez, polo seu pasamento. Resulta difícil explicar a conmoción e a dor que deixa este suceso na nosa localidade e en particular no lugar de Chanteiro no que residía coa súa familia. Enviamos toda a forza posible aos seus pais e de […]
Unha biblioteca do terror: chega o Samaín á Alianza Aresana

Pantasmas, arañeiras, tumbas e outros tantos seres da noite habitan nestes días a Biblioteca Municipal de Ares, que xa está preparada para celebrar o Samaín, con todas as súas sombras e escuridade. De feito, ao longo da semana quen visite as instalacións da Alianza Aresana poderá atopar unha escolma de lecturas terroríficas tanto para público […]
Xa ondea a Bandeira Verde 2025 de Ares!

A concelleira de Medioambiente, Lucía Blanco, izou onte mesmo o galardón medioambiental que outorgou a Xunta de Galicia á vila por segundo ano consecutivo, a Bandeira Verde 2025, na entrada do consistorio aresán. O distintivo lucirá nas instalacións municipais como un recoñecemento ó traballo en materia de reciclaxe e vontade ecolóxica da localidade, salientando a […]
O Concello finaliza a renovación das instalacións do Centro Cultural Outeiro de Chanteiro.
Mellorouse a eficiencia enerxética do edificio intervindo na envolvente térmica, no illamento das fachadas, o sistema de calefacción e a iluminación, incorporando luminarias de tipo LED. O orzamento ascende a 105.000 euros, IVE engadido, cofinanciado entre a Vicepresidencia Primeira e Conselleira de Presidencia, Xustiza e Deportes (na actualidade, Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes) mediante […]
O SendAres explora a beleza natural do río Sor

O programa municipal de sendeirismo SendAres 25-26 levou aos seus participantes ata o concello de Mañón para descubrir un dos enclaves máis fermosos e salvaxes do norte galego: a contorna do río Sor. A ruta realizada onte, de 12 quilómetros, seguiu o curso do río entre bosques e camiños de frondosa vexetación, desde as Ribeiras do Bispo ata […]