O Concello licita o proxecto para crear novas instalacións de ximnasio, vestiarios e área de usos múltiples no Club de Tenis de Redes e recibe fondos para mellorar o Club Marítimo

A institución aresá deu conta das novidades nestas dúas actuacións que permitirán mellorar a infraestructura deportiva e social da parroquia de Caamouco. Entre os dous proxectos, mobilizaranse un total de 290,194,98 euros, impostos incluídos, entre o Concello, a Deputación da Coruña —no caso do club de tenis— e o GALP Golfo Ártabro Norte para o […]

Txetxu Altube protagonizou a segunda sesión de ‘Ao Son do Mercado’

O ciclo de música de autor en acústico continuou onte no Mercado Municipal de Ares cunha nova actuación en pequeno formato, desta volta da man de Txetxu Altube. Nun ambiente pensado para a escoita activa, o público puido desfrutar das súas cancións, das letras e das historias que acompañan cada composición, nunha proposta que convida […]

Recollida de enseres e voluminosos mañá, mércores, 15 de xullo

Lembramos que esta mesma noite do 📅 martes, 14 de xullo, todas as persoas que o desexen poden depositar os enseres e residuos voluminosos nos puntos designados a tal uso.   ℹ A súa recollida realizarase mañá, terceiro mércores do mes, coma vén sendo habitual. Consulta a guía de residuos voluminosos para saber que podes […]

A ría de Ares, escenario da XXXII Regata General Gabeiras

Un ano máis, a ría converteuse en espazo de competición ao longo desta fin de semana pasada no marco da última edición da Regata General Gabeiras-Trofeo Audi Autogándara, organizada polo Club Náutico Ría de Ares. Un evento deportivo que volve a constatar o seu prestixio entre regatistas de todo o territorio galego, ao formar parte […]

Comp·Arte leva o baile até a beira do mar con Danza na praia

O pasado venres, a música e o movemento chegaron até a praia urbana da vila cunha nova edición de ‘Danza na praia’, a proposta de Comp·Arte que contou un ano máis coa colaboración do Concello de Ares. Ao carón da rampla grande, bailarinas e bailaríns compartiron co público unha mostra de coreografías nun escenario diferente […]

Ares volveu poñerse en marcha contra o cancro

Veciñanza de todas as idades sumouse onte á andaina celebrada na vila para compartir unha mañá arredor dunha causa solidaria: a loita contra o cancro, nunha iniciativa promovida pola Xunta Local da AECC en Ares, coa colaboración do Concello. Dende a praia do Xuncal, as persoas participantes completaron un percorrido de 6 quilómetros polo paseo […]

O cinema de verán xa botou a andar en Ares!

As Escolas do Lago acolleron onte á noite a primeira sesión do Ciclo de Cine de Verán ao aire libre, unha das propostas familiares integradas na programación VeraneAres 2026 da Concellaría de Cultura. A película escollida para abrir o ciclo foi “¿Quién es quién?”, unha comedia familiar chea de situacións disparatadas arredor dunha familia que […]

Renovación do Documento Nacional de Identidade e pasaporte en Ares o vindeiro 25 de agosto

O vindeiro 25 de agosto,  poderás renovar o teu Documento Nacional de Identidade, pasaporte ou certificados integrados no DNIe na Biblioteca Municipal de Ares, con entrega ao momento. É unha das novidades deste ano no tocante ó proceso de expedición desta documentación, ao continuar co servizo de xeito ininterrumpido tamén durante os meses de xullo e […]