A produtora Vaca Films recala de novo en Ares para a rodaxe da nova tempada de “Clanes”

Comparte esta nota de prensa

A produtora Vaca Films volve escoller Ares como escenario para gravar varias escenas da nova tempada da serie “Clanes”, que se emitirá en Netflix e conta coas actuacións de Tamar Novas e Clara Lago.

O equipo de produción desprazarase a Ares para levar a cabo unha xornada de rodaxe o venres 4 de setembro. Durante ese día utilizaranse diferentes localizacións do núcleo urbano, o que implicará cortes intermitentes de tráfico.

Os puntos afectados serán o inicio da avenida General Gabeiras, a contorna do paseo marítimo, nas inmediacións do bar O Gaiteiro, así como a praza da Igrexa e a praza Domingo Troche.

Ademais, será necesario establecer restricións de aparcamento nas inmediacións das zonas sinaladas desde o xoves 3 de setembro, que estarán debidamente sinalizadas.

Desde o Concello queremos informar con antelación a toda a veciñanza e ás persoas residentes nestas zonas sobre esta xornada de rodaxe e os cortes intermitentes que se producirán nos puntos indicados.

Agradecemos a vosa comprensión e colaboración durante o desenvolvemento desta de esta producción audiovisual.

Información acerca da rodaxe da serie «Clanes» en Ares

Pódeche interesar