Lembramos que a Xunta local da Asociación Española contra o Cancro en Ares organiza un faladoiro sobre a doenza do cancro de mama

Luis Felipe Sánchez Cousido, facultativo especialista en oncoloxía médica no Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol (CHUF), xunto a Lucía Barcia Umbón, psicóloga na Asociación Española Contra o Cancro, afondarán nesta tipoloxía de cancro e o seu impacto, baixo a título “Falando de cancro de mama. Afrontando o diagnóstico”. A charla será mañá xoves 30 de […]
O Mosteiro de Santa Catalina conta cunha nova Iluminación Ornamental

O Concello de Ares anunciou a finalización das obras de dotación dunha nova iluminación ornamental no Mosteiro de Santa Catalina de Montefaro. O investimento total para este proxecto, que ascende a 47.805,96 euros, foi financiado conxuntamente pola Axencia de Turismo de Galicia, que achegou 30.000 euros, e as arcas municipais. Olimpia Marcos, concelleira de Urbanismo, […]
O Campus Chiquibásquet de Nadal prepárase para a súa oitava edición en Ares, co obxectivo de achegar o baloncesto aos rapaces e rapazas interesadas en iniciarse nesta disciplina.

O VIII Chiquibásquet Nadal, dirixido por Chiqui Barros e coa colaboración do Concello de Ares, levarase a cabo o 27, 28 e 29 de decembro no pavillón polideportivo aresano, en horario de 10:00 a 13:00 horas. Hai un total de 20 prazas dispoñibles, e as inscricións xa están abertas cunha tarifa de 50 euros por […]
BANDO: co fin de efectuar os traballos de mantemento e desenvolvemento da rede eléctrica, van proceder a deixar fóra de servizo unha serie de instalacións o 29 de novembro

JULIO IGNACIO IGLESIAS REDONDO, ALCALDE DO CONCELLO DE ARES, POR MEDIO DO PRESENTE FAI SABER: A empresa ufd grupo Naturgy vén de remitir unha comunicación ao Concello, informando que o día próximo día 29 de novembro, de 4:00 a 6:00 horas, co fin de efectuar os traballos de mantemento e desenvolvemento da rede eléctrica, van […]
Na mañá de hoxe, levouse a cabo a presentación da nova varredora destinada á área municipal de Servizos.

Este moderno equipo foi entregado por Celtaprix, a concesionaria do servizo de recollida de lixos e limpeza viaria, ao grupo de goberno municipal, nun acto que tivo lugar esta mañá fronte ao Consistorio. A entrega contou coa presenza do responsable municipal de Servizos, José Juan Vilar, quen estivo acompañado polos concelleiros do equipo de goberno. […]
Ares aborda a problemática da Violencia de Xénero e a súa relación co Sistema Educativo

Ao longo de todo o día, desde as 10:30 ata as 18:30 horas, expertos en diversos campos como o xurídico, social e psicolóxico ofrecen unha visión integral deste tema na completa xornada organizada polo Concello O salón de actos da Alianza Aresana eríxese como o epicentro da Xornada de Violencia de Xénero e Sistema Educativo, […]
Esta semana, no CPI As Mirandas as nenas e nenos de 5º e 6º de Primaria recibiron unha sesión do taller “Control Off”, profundando nas novas masculinidades e a prevención da violencia de xénero, no marco do Pacto de Estado.

A través da proxección de vídeos e o debate, exploraron os elementos fundamentais dunha sociedade máis igualitaria. A sesión estivo a cargo de Rubén Villar Trenco, psicólogo graduado pola USC e Axente de Igualdade de Oportunidades para a Muller. Doutra banda, os estudantes de 4º da ESO tamén participaron nun encontro sobre agresións sexuais e […]
Ares contra a Violencia de Xénero

O Concello de Ares únese nestes días ás reivindicacións do sábado, 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller; unha xornada que demanda o fin de toda forma de violencia machista e que busca unha sociedade máis xusta, fundamentada na igualdade de xénero. Así mesmo, durante estas noites, o consistorio exhibirá […]
A xornada de portas abertas da nova actividade +70, impulsada pola Concellería de Benestar do Concello de Ares, foi todo un éxito esta mañá, coa participación de máis de 20 persoas!

Deseñada para promover hábitos saudables entre os maiores de 70 anos, a actividade +70 ofrece un enfoque integral que inclúe educación física, psicoloxía, alimentación e fisioterapia. Durante a xornada, os participantes viviron de preto as distintas disciplinas que conforman esta iniciativa. A partir de agora, a actividade +70 levarase a cabo todos os venres, de […]
O GALP GOLFO Ártabro NORTE, do que forma parte o Concello de Ares, programa este martes 27, na Alianza Aresana, outra sesión das xornadas informativas “Pescamos ideas”, sobre o programa de axudas dos Fondos Europeos FEMPA 2021-2027.

Se eres unha persoa autónoma, pequena e mediana empresa ou asociación, cun proxecto en marcha, que contribúa ao desenvolvemento da localidade ou a poñer en valor os produtos pesqueiros, non faltes! A cita dará comezo ás 19.00 horas.
Finalizadas as Obras para a Recuperación do Camiño de As Salgueiras en Chanteiro

A Concellaría de Urbanismo anunciou a finalización dos traballos para a recuperación e posta en valor do camiño das Salgueiras en Chanteiro. Segundo explicou a concelleira Olimpia Marcos, esta obra trátase dunha “importante intervención para resaltar a beleza do litoral da enseada da praia de Chanteiro, que permite a conexión entre o areal e o […]
O 19 de decembro poderás renovar o teu Documento Nacional de Identidade (DNI) na Biblioteca Municipal de Ares!

Se estás interesado en facelo, concerta a túa cita acudindo presencialmente ás instalacións da Alianza Aresana ou a través do teléfono 981 448 057, de luns a venres, no horario de apertura da biblioteca. Lembra que podes realizar a renovación do DNI ata 6 meses antes da data de caducidade.