O pasado sábado, o voluntariado da Agrupación Instrutiva de Caamouco levou a cabo unha acción de limpeza na praia de Sabadelle, na que lograron retirar aproximadamente 30 quilogramos de refugallos

Esta actividade enmarcouse na limpeza simultánea de praias promovida pola Asociación Ecoloxista ADEGA. O grupo de 12 voluntarios e voluntarias dedicouse principalmente á extracción de cabichas, cordas, restos de bateas e diversos tipos de plásticos, como tapóns, envases de comida e bolsas, que representan unha ameaza para a fauna mariña local. Esta iniciativa contou co […]

Charla informativa sobre a nova campaña de vacinación contra a bronquiolitis

As profesionais sanitarias do Centro de Saúde de Ares organizaron unha nova sesión formativa que se levará a cabo o vindeiro mércores 11 de outubro, ás 11:30 horas. Esta sesión estará centrada na bronquiolitis na poboación pediátrica e levará por título “Bronquiolitis: nova campaña de vacinación. Quen, cando e por que”. A charla será impartida […]

O novo anuncio de ‘Vivamos como galegos’ ródase en Redes!

Estes anuncios, que xa son unha tradición, acumularon ao longo dos anos numerosos recoñecementos. As últimas xornadas viron a Redes converterse no escenario para a filmación do próximo anuncio de ‘Vivamos como galegos’ de Gadis, un proxecto que conta cun extenso equipo de profesionais. Estas campañas publicitarias foron merecedoras dun dos galardóns máis prestixiosos no […]

O Concello inicia as obras de renovación do Patio da Escolas do Lago

A actuación, supón un investimento de 51.000 euros, e executarase cunha axuda concedida por Turismo da Xunta a través dos Fondos Europeos Next Generation, por importe de 46.000 euros, asumindo a administración local o importe restante. A intervención permitirá o empedrado do chan do recinto exterior, e tamén do caleixón lateral para mellorar a accesibilidade. […]

A Asociación GDR Seitura22, da que forma parte o Concello de Ares, organiza dous talleres a próxima semana co obxectivo de promover un uso máis eficiente e económico da enerxía

Estes talleres están dirixidos a ensinar aos profesionais da hostalería e ás organizacións comunitarias como avaliar e reducir a pegada de carbono, é dicir, as emisións de gases de efecto invernadoiro causadas polas súas actividades. Os negocios relacionados co sector hostaleiro e as asociacións de Ares teñen a oportunidade de unirse a estas actividades de […]

Queres unirte á limpeza da praia de Sabadelle?

Este sábado 7 de outubro, a partir das 11:00 horas, tes a oportunidade de unirte á limpeza de Sabadelle en Redes. Ares súmase a esta causa impulsada pola Asociación Ecoloxista ADEGA, co apoio da Agrupación Instrutiva de Caamouco e do Concello. Se desexas colaborar nesta iniciativa para concienciar sobre o impacto do lixo nas nosas […]