Información retirada de Dorsais e Aparcamentos XVIII Carreira Popular de Fin de Ano Ares-Mugardos

Comparte esta nota de prensa

A tradicional proba levarase a cabo este domingo 31 de decembro, e contará cunha elevada participación, con cerca de 400 inscritos

En relación coa entrega de dorsais para a XVIII Carrera Popular de Fin de Ano Ares-Mugardos, que se celebrará o vindeiro domingo 31 de decembro, esta pode realizarse durante este mércores 27, o xoves 28 e o venres 29, en horario de 8:00 a 13:30 e de 16:00 a 22:00 horas, así como o sábado 30, de 9:00 a 13:00 horas, no Complexo Acuático do Castro. Adicionalmente, ofrecerase a opción de retirar os dorsais o mesmo día da proba, de 9:00 a 10:30 horas, no pavillón polideportivo de Ares. Dada a alta cantidade de inscricións (cerca de 400 participantes), desde a área municipal de Deportes inciden en que que, na medida do posible, a retirada sexa realizada nos días previos.

Con respecto ao estacionamento de vehículos, desde o Concello infórmase dos aparcamentos públicos recomendados máis próximos ao lugar de saída e chegada da proba, co obxectivo de facilitar aos participantes un acceso cómodo e ordenado. Estes estacionamentos sitúanse en: Cortiñas Gil, avenida de Mugardos, rúa Concepción Arenal e avenida Federico García Expósito.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Mestra no Concepción Arenal da Habana, primeira muller en ocupar a Vicepresidencia da Sociedade Fillas de Galicia creada para defender ás emigrantes galegas de calquera abuso e participante no I Congreso de Mulleres de Cuba de 1923, Andrea López Chao foi unha desas referentes que loitou por avanzar na sociedade do século XX.

A súa defensa do sufraxio feminino e da igualdade entre homes e mulleres expoñen a importancia de homenaxeala, xusto como se fixo o domingo pasado