Un evento deportivo que aglutinou a preto de 120 participantes na nosa ría e que se recuperou tras a pandemia mantendo o seu carácter popular.
Nesta edición aumentouse o número de categorías, de cara a facer a carreira máis igualitaria, e mellorouse no avituallamento dos nadadores e nadadoras. Ao termo da travesía, a edil de Deportes, Noelia Montero, fixo entrega dos premios aos tres primeiros clasificados dentro de cada categoría, aos vencedores absolutos masculino e femenino e, finalmente, ao participante máis novo e veterán.
O evento materializouse a través da colaboración entre Concello, Serviocio, Club Natación Ferrol, Club Náutico Ría de Ares e Protección Civil de Ares
RESULTADOS en pdf
ENLACE A GALERÍA DE FOTOS (Club Natación Ferrol)