‘Coidado do solo pelviano’, a próxima charla da Academia AresXSalud

Comparte esta nota de prensa

Organizarase o vindeiro 21 de febreiro ás 19:00 horas no salón de actos da Alianza Aresana.

As fisioterapeutas do SERGAS Paula Carpente Leira e Consuelo Castro Guerra divulgarán diferentes exercicios que se poden facer no día a día para o coidado do solo pelviano.

As Concellarías de Deportes e Igualdade organizan esta mesma semana a seguinte charla divulgativa no marco da Academia AresXSalud, o programa educativo totalmente de balde para que a veciñanza incorpore hábitos saudables na súa cotiandade.

A Alianza Aresana acollerá esta cuarta sesión o 21 de febreiro ás 19:00 horas, conducida desta volta polas fisioterapeutas do Centro de Saúde de Fene Paula Carpente Leira e Consuelo Castro Guerra, con formacións no chan pélvico hipopresivo.

Coidado do solo pelviano’ é o nome que recibe a charla divulgativa onde se afondará neste conxunto de músculos que se encontra na base da pelvis, coñecendo a súa relevancia e a importancia de coidalo, pero sobre todo o tipo de exercicios que se poden facer no día a día para fortalecelo.

A sesión educativa destínase tanto para mulleres coma homes e ten entrada libre, sen necesidade de reservar previamente.

Pódeche interesar