COIDADOS PORTA A PORTA

Comparte este evento

SERVIZOS

Estimulación da memoria

Podoloxía

Audioloxia

Levamos servizos asistenciais ás persoas maiores no rural para a prevención da dependencia.

Prestamos servizos de podoloxía, audioloxía e estimulación da memoria.

Percorremos os concellos para que os maiores poidan permanecer coidados na súa contorna.

 

INFORMACIÓN E CITA PREVIA

Teléfonos: 622 748 283 – 623 546 992

Email: coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal

 

ESTIMULACIÓN DA MEMORIA

A alta incidencia de deterioro cognitivo en persoas maiores fai aconsellable a valoración cognitiva e a intervención terapéutica como forma de previr e aminorar o proceso.

  • Estimulación COGNITIVA
  • Estimulación FUNCIONAL
  • Prevención da DEPENDENCIA mediante hábitos de vida saudables
  • Promoción do ENVELLECEMENTO ACTIVO

PODOLOXÍA

O coidado do pé adquire importancia co paso dos anos. Permite garantir autonomía e previr patoloxías que poidan resultar en complicacións médico-cirúrxicas.

  • CONSULTA BÁSICA de podoloxía
  • Corte e limpeza de UNLLAS
  • Eliminación de DUREZAS, CALOSIDADES e HELOMAS
  • Valoración do ESTADO XERAL DO PÉ

AUDIOLOXÍA

O deterioro auditivo pode afectar á integración sensorial e resultar nunha menor socialización. A revisión é importante para a prevención.

  • CONSULTA BÁSICA de audioloxía
  • EXPLORACIÓN funcional da audición
  • PREVENCIÓN da perda auditiva

Pódeche interesar...

Avisos

I FESTA POPULAR

🎉 I FESTA POPULAR📍 Na Praza da Constitución (Palco)📅 17 de maio 🕐 13:00 hTeremos tapas de culler a prezos populares: Callos Caldo galego Arroz

Avisos

LETRAS GALEGAS 2025

ACTIVIDADES 12 MAIOObradoiro: LETRAS CON MEMORIAPrograma especial das Letras Galegas dentro do Taller de Memoria 14 MAIOObradoiro: “SUPERLECTOR@S. DESEÑAMOS A NOSA BOLSA DE LIBROS”Público: Desde