Comezan as visitas guiadas no Mosteiro de Santa Catalina e o alboio de Redes

Comparte esta nota de prensa

O Concello iniciou esta semana as visitas guiadas en dous lugares de gran valor patrimonial para a localidade: o Mosteiro de Santa Catalina e o alboio de Redes.

Estas actividades turísticas realízanse polo persoal técnico, en horario matutino, de 11:00 a 13:00 horas, sen ningún custo.

De agora en diante, os percorridos guiados polo Mosteiro terán lugar os luns e xoves. Durante estas visitas, desvelaranse as orixes e o contexto histórico do cenobio, así como destacarase o seu valor arquitectónico e artístico. Os visitantes tamén terán a oportunidade de mergullarse na figura de Fernán Pérez de Andrade e explorar outros datos interesantes relacionados co turismo local.

En canto ao alboio, os martes e venres serán os días para profundar no patrimonio mariñeiro de Redes. Mediante a exposición de fotografías históricas do século pasado e outros elementos, os visitantes poderán apreciar a importancia cultural das cabrias e mergullarse nos recordos marítimos, os procesos migratorios e a pesca como parte da memoria colectiva do lugar.

Para concertar as visitas a ambos os espazos pódese acudir presencialmente á Oficina de Turismo da localidade, situada no Parque Rosalía, ou ben contactar telefónicamente coa instalación no 981468259.

Pódeche interesar

Papá Noel en Ares
Notas de prensa

Papá Noel visita Ares

Esta semana véronse polas rúas de Ares a uns cantos visitantes moi singulares: Papá Noel chegou dende o círculo polar ártico cos seus axudantes e,