Completada a terceira ruta do SendAres!

Comparte esta nota de prensa

O domingo un grupo de vintecinco sendeiristas mergullouse no Val do Dubra, participando no terceiro itinerario organizado pola Concellaría de Deportes en colaboración con Kapitrek.

A ruta circular de 14 quilómetros, que tivo o seu punto de partida en Bembibre, levou aos participantes por paisaxes pintorescas, destacando a presenza de bosques de carballo común e outras especies como cerquiños, sobreiras, acivros ou castiñeiros. No camiño puideron ver tamén vivendas tradicionais que seguen a arquitectura típica das agras coruñesas, ou admirar a Capela de San Xoán Bautista, que se remonta ao século XVII. A zona do Rexedoiro, coa súa espectacular fervenza, foi outro dos puntos destacados da travesía.

En definitiva, foi unha experiencia diversa, viaxando entre bosques, ríos e aldeas de gran beleza!

Pódeche interesar

Notas de prensa

Ares lembra a figura e o legado de Bello Piñeiro

Compartimos algunhas imaxes do relatorio celebrado na Casa Rectoral de Ares, con motivo do 140 aniversario do nacemento do artista.  O encontro contou coa participación