Comunicado institucional: pasamento da menor Lucía Domínguez en Ares

Comparte esta nota de prensa

O Concello desexa transmitir o máis sentido pésame á familia da menor, Lucía Domínguez, polo seu pasamento.

Resulta difícil explicar a conmoción e a dor que deixa este suceso na nosa localidade e en particular no lugar de Chanteiro no que residía coa súa familia.

Enviamos toda a forza posible aos seus pais e de igual maneira manifestamos apoio e acompañamento absolutos desta institución despois desta inesperada perda.

Por resolución da alcaldía, decrétanse 3 días de loito oficial na vila efectivo dende mañá, mércores, 29 de outubro.

 

Pódeche interesar

Notas de prensa

Campións Galegos de BTT XCM!

Ares viviu este domingo unha gran xornada de ciclismo coa celebración do I XCM Club Pulpeiros, proba do Campionato de Galicia de BTT XCM 2026.