O consistorio acolleu esta mañá, 13 de xullo, data na que se cumpren 25 anos do asasinato de Miguel Ángel Blanco, concelleiro de Ermua, pola banda ETA, unha concentración que actúa ao mesmo tempo coma homenaxe a todas as víctimas da violencia terrorista, adheríndose á iniciativa promovida pola Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP). Membros da corporación municipal, traballadores públicos e veciñanza gardaron cinco minutos de silencio para rexeitar todo acto de terrorismo.

Notas de prensa
O Concello de Ares organiza unha nova Xornada sobre Violencia de Xénero o vindeiro 3 de decembro
A cita terá lugar o xoves 3 de decembro, a partir das 09:30 horas, cun programa completo de relatorios, mesas de experiencias e unha conferencia


