Conferencia Abelardo Miguel, o pintor de mulleres e homes da ría de Ares

Comparte esta nota de prensa

Abelardo Miguel López Leira, nado en Pontedeume, é unha figura clave á hora de retratar pictoricamente a identidade galega e, sobre todo, o mundo mariñeiro da Galicia do século XX. Para afondar na figura do pintor, o sábado, 13 de agosto, a Asociación de Amigos do Mosteiro de Santa Catalina, en colaboración co Concello, promoverá unha conferencia arredor da súa obra e da súa labor artística.

Será María Fidalgo Casares, doutora en Historia e estudosa da figura de Abelardo Miguel, quen realizará un percorrido por uns cadros que se converten, ao mesmo tempo, en documentos de gran valor etnográfico e marcado realismo.

Se estás interesado/a, realizarase ás 20:30 no mesmo Mosteiro de Santa Catalina!

 

Pódeche interesar

Notas de prensa

Ares súmase á 34ª edición de Equiocio

O certame ecuestre de Ferrol, unha cita fundamental que actúa como escaparate de toda a comarca, vén de presentarse onte no Centro Cultural Torrente Ballester.