A conmemoración do Día de Rosalía 2025 na vila arrancou cunhas tesoiras, pegamento e a confección da ‘Mariquiña Rosaliana’! A rapazada acudiu á Biblioteca Municipal de Ares para poñer toda a atención na figura da poeta, a gran renovadora da literatura galega e impulsora do Rexurdimento, e facer unhas manualidades que deron resultados ben vistosos.
Pero a celebración da efeméride non remata aquí: esta tarde, ás 18:00 horas no salón de actos da Alianza Aresana, chega María Faltri para poñer música e voz ós Cantares de Rosalía de Castro. Un espectáculo que propón unha viaxe emocional orientado a público familiar.
Máis información en https://concellodeares.gal/o-dia-de-rosalia-en-ares-un-obradoiro-tematizado-e-a-actuacion-musical-de-maria-faltri/.