10 Marzo 2021 11:00

ANUNCIO
CONVOCATORIA PARA A CONCESIÓN DEMANIAL PARA USO PRIVATIVO DO POSTO DE KIOSCO VACANTE NA RÚA FRANXA DE ARES

Dada conta do acordo adoptado pola Xunta Municipal de Goberno en sesión celebrada o 26/02/2021, pola que se acordou efectuar convocatoria para Concesión demanial para uso privativo de posto de Kiosco vacante na Rúa Franxa, faise pública dita aprobación con arranxo ao seguinte prego.
En Ares a 3 de marzo do 2021,

O alcalde
Asdo: Julio Ignacio Iglesias Redondo

PREGO DE CONDICIONS PARA A CONCESIÓN DE KIOSKO SITO NA RÚA FRANXA N.º 20, ARES

1. Obxecto.
É obxecto das presentes bases regula-lo procedemento e o contido da concesión demanial para o uso privativo do posto de kiosko vacante na rúa Franxa número 20, Ares, de 9 m2.

Estas bases, cos documentos que preceptivamente o integran, formará parte do contrato que no seu día se outorgue.

2. Procedemento: libre. Aberto.

3. Forma: subasta.

4. Prazo: 10 anos (7 anos máis 3 de prórroga).

5. Canon e prezo mensual da concesión.
O canon que se establece é pola totalidade dos 10 anos de concesión (7 máis 3 de prorroga). O canon de partida é de 1.500 €.

Así mesmo, o adxudicatario da licitación deberá abonar mensualmente o importe 50 €, en tanto no se aprobe a ordenanza municipal fiscal na que se inclúa a taxa mensual a abonar por este kiosko (importe que substituirá o aquí indicado) e o recibo anual do lixo.

Deberá contratar ao seu nome o subministro da enerxía eléctrica e facer frente ás facturas emitidas polo mesmo ademáis de manter limpo o local e zona aledaña.

O pago do canon polo que resulte adxudicatario efectuarase no mes posterior á comunicación da resolución ou acordo da concesión, podendo facerse efectivo en calquera das entidades bancarias colaboradoras do Concello mediante calquera medio de pago admitido en Dereito.

En todo caso, o ingreso da cantidade sinalada será requisito inescusable para poder formaliza-lo documento da concesión.

Así mesmo, a falta da formalización no prazo que se precisa nestas bases poderá supo-la resolución do contrato.

O pago da mensualidade deberá facerse cada mes entre o día 1 e o 5.

6. Capacidade para contratar.
Están capacitados para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou dalgún dos países membros da Unión Europea, que teñan plena capacidade xurídica e acrediten solvencia técnica de acordo co sinalado nos presentes pregos, e non estean afectos por ningunha das circunstancias que enumera os arts. 70, 71 e 72 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de Contratos do Sector Público en relación a prohibicións para contratar.

PREGO DE CONDICIÓNS TÉCNICAS en pdf