Avisos

RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA

Alcalde-Presidente Julio Ignacio Iglesias Redondo

Asunto: CORREECCIÓN ERROS PROCESO SELECTIVO PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE 7 PEÓNS PARA OS SERVIZOS MUNICIPAIS DE LIMPEZA DE PRAIAS VERÁN 2026.

Tendo en conta as bases que regulan a provisión en réxime laboral temporal de 7 peóns para os servizos municipais de Limpeza de Praias Verán 2026, subvencionado pola Excma Deputación Provincial segundo a Resolución publicada no BOP nº 57 do 26 de marzo de 2026, e a vista da Resolución da Alcaldía 2026-0434 de data 13/05/2026.

Esta alcaldía en uso das competencias, e máis concretamente segundo o establecido na Lei 7/1985 do 2 de abril Reguladora de Bases do Réxime Local.

RESOLVE: 

Primeiro.- Proceder a modificar a Resolución da Alcaldía 2026-0434, quedando a mesma como a continuación se transcribe:

 

1.- Designar a composición do Tribunal Cualificador como a continuación se detalla:

Presidente/a: Agustín Suárez Feal, Persoal Laboral do Concello de Ares. Secretario/a: Angel C. Montenegro Montenegro, Persoal Laboral do Concello de Ares.

Vogais:

  • Manuel Novoa Conde, Persoal Laboral do Concello de
  • Pedro Vilar Martinez, Persoal Laboral do Concello de Ares
  • Francisco Javier Freire Fernández, Persoal laboral do Concello de Ares

2.- Fixar a xuntanza para o día 21/05/2026 ás 09:00 horas.”

Así o acorda e dispón o Sr. Alcalde-Presidente D. Julio Ignacio Iglesias Redondo, en Ares a, data de sinatura electrónica do documento.

 

O ALCALDE                                                                            D.S.M. O SECRETARIO

RESOLUCIÓN en pdf