Avisos

O Servizo Municipal de Augas do Concello informa a todos os usuarios que, por mor da substitución do contador xeral da rede de abastecemento,  efectuarase un corte no subministro de auga potable no:

  • Casco urbano de Ares
  • Contorna de Pedrós
  • e Besoxo. 

Realizarase desde as 16:00 h. do vindeiro xoves, 18 de xuño.

Estenderase até a finalización dos traballos.

En caso de incidencias, poden poñerse en contacto cos teléfonos habituais do Servizo Municipal de Augas: 981 33 87 15 (Centralita) / 617 50 60 35 (Avarías)

Desculpen as molestias que lle poidan ocasionar e agradecemos a colaboración  da veciñanza.