O Servizo Municipal de Augas do Concello informa a todos os usuarios que, por mor dunha avaría na rede de abastecemento, efectuarase un corte no subministro de auga potable en:
📍 Urbanización Mariña do Pombal;
e As Pezoas. 
📅 Realizarase o vindeiro xoves, 16 de abril.
🕑 Desde as 09:00 h. ata fin das obras.
Unha vez restablecido o servizo, poderían producirse incidencias puntuais, tales como alteracións na cor ou turbidez da auga. No caso de que isto ocorra, recoméndase deixar correr a auga durante uns minutos.
En caso de incidencias, poden poñerse en contacto cos teléfonos habituais do Servizo Municipal de Augas: ☎️ 981 33 87 15 (Centralita) / 617 50 60 35 (Avarías)
Desculpen as molestias que lle poidan ocasionar e agradecemos a colaboración da veciñanza.