A Policía Local de Ares vén de notificar o corte de tráfico que realizará a partir da vindeira semana desde a Praza da Igrexa até o cruce entre a rúa Real e a rúa Reitoral, á altura da peixaría.
Prohibirase o acceso dos vehículos desde as 08:00 horas da xornada do 12 de maio, con desvíos da circulación pola rúa da Paz, manténdose o dispositivo ata a finalización dos traballos de mellora da infraestrutura de saneamento e pluviais que se acometerán nesa área.
Agradécese a comprensión da veciñanza polas posibles molestias ocasionadas.
