Dispositivo de tráfico e itinerario da XX Carreira Popular de Fin de Ano Ares-Mugardos

Comparte esta nota de prensa

A Policía Local vén de informar das vías que se verán afectadas polo dispositivo especial de tráfico e seguridade vial por mor da XX Carreira Popular de Fin de Ano que promoven os concellos de Ares e Mugardos o vindeiro 28 de decembro.

Haberá cortes temporais e desvíos para facilitar a realización da proba ao longo do percorrido de 10 quilómetros, afectando principalmente no caso do municipio aresá á AC-130, a contorna da rúa Celso Emilio Ferreiro (Saída e Meta), a Avenida de Mugardos, Avda. Saavedra Meneses, Avda. de Redes e Avda. Federico García Expósito.

Prégase ter en conta esta información durante a xornada do domingo, 28, así como seguir as indicacións dos axentes encargados do dispositivo de seguridade.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Rosalía de Castro rexorde en Ares!

Ao longo da semana pasada, o municipio mergullouse na conmemoración dunha das figuras esenciais da literatura galega coa celebración do Día de Rosalía 2026, a