Nestas datas tan especiais, a biblioteca municipal acaba de crear un apartado dedicado a libros temáticos de Nadal, especialmente deseñado para os máis pequenos/as. Nesta selección de títulos, poderás mergullarte en historias que capturan o espírito das festas, todos dispoñibles no catálogo de préstamos. Non deixes de botarlle un ollo e disfruta da maxia da lectura nestas celebracións!

Notas de prensa
O Concello de Ares organiza unha nova Xornada sobre Violencia de Xénero o vindeiro 3 de decembro
A cita terá lugar o xoves 3 de decembro, a partir das 09:30 horas, cun programa completo de relatorios, mesas de experiencias e unha conferencia



