Durante a fin de semana pasada, o casino aresano converteuse no centro de xogo do XIV Open Concello de Ares de Dominó, enchéndose de xogadores deste evento organizado por Xabre e a Federación Galega de Dominó coa colaboración da área municipal de Deportes.

Comparte esta nota de prensa

A proba promoveuse ao longo da xornada do sábado e, no tocante á clasificación xeral por grupos, saldouse co equipo de Xabre A coma gañador, obtendo o primeiro posto. Noelia Montero, edil de Deportes, e Luis Cendán, en representación do Concello, formalizaron a entrega de premios e trasladaron os parabéns aos galardoados.

Estas foron algunhas das imaxes que nos deixou o Open!

Pódeche interesar