Durante a tarde de onte, a concelleira de Turismo, Lucía Blanco, acudiu á Asociación Nuestra Señora de Chamorro, a entidade sen ánimo de lucro que atende a persoas con discapacidade intelectual e ás súas familias, para encontrarse cos usuarios aresáns e falar da localidade.

Comparte esta nota de prensa

Xunto á técnica turística deste verán, Griselda Ritrovati, descubriron onde viven os participantes e que recunchos de Ares son os seus preferidos. Tamén conversaron sobre o pasado indiano, que nos deixou edificios tan particulares, o Mosteiro de Santa Catalina ou as cousas que poderían ver, por exemplo, dende o barco M. Presas: os deflíns, a maxia das Illas das Mirandas, as bateas ou a beleza de Redes.

Lucía Blanco, dende a súa área de Turismo, destacou o seu agradecemento á Asociación Nuestra Señora de Chamorro pola invitación a participar nun evento onde tamén interviron outros concellos como Narón, As Pontes ou Ferrol. Todo para descubrir da man das persoas usuarias participantes o que agochan os seus municipios!

Pódeche interesar