A rapazada de primaria e secundaria, dividida entre os dous días, percorreu o núcleo urbano para obter fondos que se destinarán a SaveTheChildren, a oenegué internacional que traballa polos dereitos dos nenos e nenas no mundo. Na actualidade, é un dos principais organismos que desenvolven programas vencellados coa saúde infantil, a nutrición, a atención en emerxencias, a violencia ou a calidade educativa en máis de 130 países.
Notas de prensa
Ares embarcarase nunha viaxe ao San Froilán de Lugo
Co obxectivo de facilitar o desprazamento á veciñanza de calquera idade, o Concello fletará un autobús para visitar a cidade lucense o 11 de outubro