Inchables, área de xogos, minikarts, obradoiros de maquillaxe e antifaces, chocolate e orellas… todo iso e máis para pasalo ben xuntos, no marco da programación da Concellaría de Cultura.
As actividades desenvólvense na Praza da Constitución de 17:00 h. en adiante. Xa sabes: non quedes sen sumarte á xa tradicional queima do entroido!