Descobre os rincóns máis destacados de Ares a través da perspectiva dos visitantes e a paixón dos aresáns polo seu pobo nesta serie de seis episodios.

Coa colaboración do Concello, “VisitAres” é unha iniciativa que busca promover a beleza e a riqueza cultural de Ares, así como destacar o talento local. Cada episodio inclúe unha entrevista e unha actuación musical de Enrique Ramil e o seu invitado especial, e está cheo de sorpresas e emocións.

Non te perdas o evento de presentación da serie esta tarde na Alianza Aresana. Asiste e terás a oportunidade de ver o primeiro episodio antes do seu lanzamento en liña! Esperámoste para que coñezas Ares dunha maneira diferente e creativa!