ANUNCIO RESULTADO SEGUNDO EXERCIZO DA FASE DE OPOSICIÓN DO PROCESO SELECTIVO PARA A SELECCIÓN DUNHA PRAZA DE AUXILIAR ADMINISTRATIVO PERSOAL FUNCIONARIO QUENDA LIBRE MEDIANTE OPOSICIÓN INCLUIDA NA OFERTA PÚBLICA DE EMPREGO DO ANO 2025 DO CONCELLO DE ARES
Sendo as 17:30 horas do día 16 de xuño do 2026, reúnese no salón de Actos da Biblioteca de Ares, o tribunal seleccionador (designado por Resolución da Alcaldía 2026-0506 de data 03/06/2026, publicada no B.O.P nº 105 de data 5 de xuño de 2026) para a selección dunha praza de auxiliar administrativo/a persoal funcionario quenda libre mediante oposición incluida na Oferta Pública de Emprego do ano 2025 do Concello de Ares, Grupo C2, de conformidade coas bases da convocatoria aprobadas pola Xunta Local de Goberno o día 02/03/2026, e publicadas no BOP nº 51 de data 17/03/2026, xunto coa convocatoria efectuada no BOE núm 82 de data 03/04/2026 baixo a presidencia de D. Manuel Larrosa Rodríguez, estando presente a secretaría Me Concepción Dragó Porta e os vogais:
1º Vogal: Dna Carmen González Tenreiro
2º Vogal: D. Benito José Calvo Castro,
Estando presentes a maioria suficiente para quorum dos membros do Tribunal, dando comenzo as actuacións que siguen:
PUNTO PRIMEIRO.- SEGUNDO EXERCIZO FASE OPOSICIÓN.
Sendo as 17:30 h procédese ao chamamento para realización do «SEGUNDO EXERCIZO: Coñecementos teóricos, aos aspirantes convocados, sendo excluidos da oposición quenes non comparezan, salvo causa de forza maior debidamente acreditada e libremente apreciada polo Tribunal.
A proba terá carácter eliminatorio, consistirá na realización dunha proba escrita tipo test de 40 preguntas, sobre o contido do temario anexo á convocatoria (Anexo II). As preguntas conterán tres posibles respostas das que só unha delas será a máis axeitada.
O tempo máximo de realización do exercizo será de 60 minutos, sendo necesario acadar 20 puntos para superar a proba.
O criterio de valoración será o seguinte:
-
pregunta acertada: 1 punto
-
pregunta errada: Penaliza 0,50 puntos.
-
pregunta non contestada: Penaliza 0,25 puntos.
Efectuado o chamamento para realización do segundo exercizo comparecen os seguintes candidatos:
| Núm. de identificación | Nome e apelidos | ASISTE |
| *0247 | ALMUDENA LOPEZ MUIÑO | S |
| 1977 | ANA PASTORA RECAREY LEMA | |
| *2336 | ANDRES NOVOA MENAYA | S |
| *0631 | CARLOS PIÑEIRO PAZOS | S |
| *0548 | CARMEN FERNANDEZ RIVEIRO | S |
| *7413 | GLORIA MONTERO RICO | |
| *7817 | INES FERNANDEZ CARREIRA | |
| *1338 | JOAQUIN IGLESIAS CUENCA | |
| *7056 | LUCIA FREIRE FERNANDEZ | |
| *9325 | MAITE MOURIZ FERNANDEZ | |
| *4445 | MARÍA ÁNGELA FORTUNA LÓPEZ | |
| *9592 | MARIA JOSE MARTINEZ TABOADA | |
| *0082 | MERCEDES GARCIA PAZO | |
| 6700** | NURIA VECINO CORDERO | S |
Rematado o exercizo e procedendo o Tribunal a súa cualificación, faise pública a puntuación acadada polos aspirantes declarados APTOS ao efecto da continuidade no proceso de selección dos aspirantes
APTOS:
| Núm. de identificación | Nome e apelidos | Puntuación |
| *0548 | CARMEN FERNANDEZ RIVEIRO | 28.50 |
| *7817 | INES FERNANDEZ CARREIRA | 24,25 |
CONCELLO DE ARES (CORUÑA)
Avd. Saavedra Meneses nº 12-D.P. 15624-Tef. 981 468 102-Fax 981 448 299-RELGA MU-2000/36 CIF. P-1500400-E
Declarando NON APTOS aos seguintes aspirantes:
| Núm. de identificación | Nome e apelidos |
| *0247 | ALMUDENA LOPEZ MUIÑO |
| 1977** | ANA PASTORA RECAREY LEMA |
| *2336 | ANDRES NOVOA MENAYA |
| 0631** | CARLOS PIÑEIRO PAZOS |
| *7413 | GLORIA MONTERO RICO |
| *1338 | JOAQUIN IGLESIAS CUENCA |
| *7056 | LUCIA FREIRE FERNANDEZ |
| *9325 | MAITE MOURIZ FERNANDEZ |
| *4445 | MARÍA ÁNGELA FORTUNA LÓPEZ |
| *9592 | MARIA JOSE MARTINEZ TABOADA |
| *0082 | MERCEDES GARCIA PAZO |
| *6700 | NURIA VECINO CORDERO |
O Tribunal acorda ordear a publicación no Taboleiro de Edictos electrónico do Concello e a efectos informativos na web municipal, do resultado do segundo exercizo da Fase de oposición e convocar a todos os aspirantes declarados APTOS no presente exercicio, para a realización do terceiro exercizo da fase de oposición para o vindeiro 25 de xuño do 2026 ás 17:30 horas no salón se sesión do Concello de Ares, sito na Avda Saavedra Meneses nº 12, Ares.
«TERCEIRO EXERCICIO: Suposto práctico.
Consistirá na realización por escrito dun exercizo entre os tres propostos pola Comisión seleccionadora no que se valorará a aplicación práctica dos coñecementos teóricos das persoas aspirantes. Os supostos serán determinados polo Tribunal que, previa a realización do mesmo, fixará o suposto e a rúbrica de puntuación. O tempo máximo de duración deste exercizo será dunha hora.
Neste exercizo valorarase a formación xeral, a claridade e orde das ideas, a facilidade de exposición escrita, e a capacidade de sintese.
Tralo remate do tempo de exposición escrita, o tribunal poderá establecer unha quenda de lectura e defensa do exercizo, onde se realizarán preguntas e/ou aclaracións ás persoas aspirantes relacionadas co exercizo ou coas funcións do posto de traballo.
Esta exposición, de ser o caso, gravarase e incorporarase ao expediente.
A cualificación deste exercizo será de 20 puntos, debendo acadarse unha puntuación minima de 10 puntos para superar a mesma.
Para realizar este exercizo, as pesoas aspirantes poderán facer uso dos textos, documentación ou libros de consulta que consideren oportuno sen posibilidade de conexión co exterior, polo que o material a utilizar non poderá ser susceptible da devandita conexión (ordenadores portátiles, tablets, móbiles…)»
O Presidente
