ANUNCIO RESULTADO SEGUNDO EXERCIZO FASE DE OPOSICIÓN DO PROCESO SELECTIVO PARA A COBERTURA DE 1 PRAZA VACANTE DE OFICIAL DE PRIMEIRA NAVE ALMACÉN, PERSOAL LABORAL FIXO INCLUIDA NA OFERTA PÚBLICA DE EMPREGO DO ANO 2025 DO CONCELLO DE ARES

Sendo as 18:35 horas do día 16 de xuño do 2026, reúnese na Sala de Comisións do Concello de Ares, o tribunal seleccionador (designado por Resolución da Alcaldía 2026-0473 de data 28/05/2026, publicada no B.O.P nº 101 de data 1 de xuño de 2026) para a cobertura dunha praza de Oficial de Primeira nave almacén, Persoal Laboral fixo incluida na Oferta Pública de Emprego do ano 2025 do Concello de Ares, Grupo C1, de conformidade coas bases da convocatoria aprobadas pola Xunta Local de Goberno o día 02/03/2026 e publicadas no BOP nº 51 de data 17/03/2026, xunto coa convocatoria efectuada no BOE núm 82 de data 03/04/2026 , baixo a presidencia de D. Benito José Calvo Castro, estando presente a secretaria Mª Concepción Dragó Porta e os vogais: 1º Vogal: Dna Carmen González Tenreiro 3º Vogal: D. Manuel Larrosa Rodríguez.

Estando presentes a maioria suficiente para quorum dos membros do Tribunal, dase comezo as actuacións que seguen:

PUNTO PRIMEIRO.- FASE DE OPOSICIÓN. Sendo as 18:35 h procédese ao chamamento para realización do «Segundo exercicio: de carácter obrigatorio e eliminatorio. Este exercicio estará orientado a comprobar os coñecementos teóricos do persoal aspirante nas materias xerais e especificas. Consistirá en contestar por escrito un cuestionario tipo test composto por 20 preguntas mais 4 preguntas de reserva, con tres respostas alternativas das que só unha será a correcta, relacionado coas materias contidas no temario que figura como anexo III destas bases. As preguntas de reserva deberán ser contestadas polos aspirantes e utilizaranse para substituír aquelas preguntas do exame inicial que fosen anuladas polo Tribunal, previo acordo motivado ao respecto. Neste suposto, a pregunta anulada do exame inicial terase por non formulada e será substituída pola primeira pregunta de reserva, e asi sucesivamente no caso de que houbera mais dunha anulación. O exercicio será determinado polo Tribunal antes da realización do mesmo. O tempo máximo para a realización do exercicio será de 60 minutos. A proba cualificarase de 0 a 20 puntos, debéndose obter unha puntuación mínima de 10,00 puntos para supéralo. Valor da cada pregunta acertada: 1,00 puntos. As respostas erradas penalizarán 0,50 puntos e en branco 0,25 puntos.

Efectuado o chamamento para realización do segundo exercizo comparecen os seguintes candidatos:

  • José Ángel Chaparro Fernández DNI: *5717
  • David Permuy Río con DNI.-*8069

Rematado o exercizo e procedendo o Tribunal a súa cualificación, faise público o resultado acadado polos aspirantes ao efecto da continuidade no proceso de selección do aspirante

APTOS:

NOME E APELIDOS DNI PUNTUACIÓN PDF
José Ángel Chaparro Fernández *5717

15,75

David Permuy Río *8069

14,00

O Tribunal acorda ordear a publicación no Taboleiro de Edictos electrónico do Concello e a efectos informativos na web municipal, do resultado do segundo exercizo da Fase de oposición e convocar aos aspirantes declarados APTOS no presente exercizo, para a realización do terceiro exercizo da fase de oposición para o vindeiro xoves 25 de xuño do 2026 ás 18:45 horas, nas dependencias da Nave almacén do Concello de Ares sita na Rúa Matadoiro.

TERCEIRO EXERCICIO: Proba práctica de carácter obrigatorio e eliminatorio. Consistirá na realización de unha proba práctica relacionada coas funcións a desenvolver e o temario contido como anexo. Tempo máximo: 1 hora. O contido da proba práctica farase público no lugar onde será convocado o persoal aspirante. Carpinteria. Albañileria. Caldederia. A proba cualificarase de 0 a 30 puntos, debéndose obter unha puntuación mínima de 15 puntos para superalo.

ANUCIO RESULTADO en pdf