Aprobación listaxe definitiva de admitidos e excluídos no proceso selectivo para a cobertura de 1 praza vacante de oficial de primeira nave almacén, persoal laboral fixo incluída na OPE 2025 do Concello de Ares

Por Resolución de Alcaldía 2026-0473 de data 28/05/2026, adoptouse o seguinte acordo:

APROBACIÓN LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS NO PROCESO SELECTIVO PARA A COBERTURA DE 1 PRAZA VACANTE DE OFICIAL DE PRIMEIRA NAVE ALMACÉN, PERSOAL LABORAL FIXO INCLUIDA NA OFERTA PÚBLICA DE EMPREGO DO ANO 2025 DO CONCELLO DE ARES

Rematado o prazo de presentación de instancias para participar no proceso selectivo para a cobertura de 1 praza vacante de Oficial de Primeira nave almacén, Persoal Laboral fixo incluida na Oferta Pública de Emprego do ano 2025 do Concello de Ares, Grupo C1, de conformidade coas bases da convocatoria aprobadas pola Xunta Local de Goberno o día 02/03/2026 e publicadas no BOP nº 51 de data 17/03/2026, xunto coa convocatoria efectuada no BOE núm 82 de data 03/04/2026, en virtude do artigo 233.3 da Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, e en virtude  do Real Decreto nº896/1991 de 7 de xuño, e do artigo 20 do Real Decreto 364/1995, de 10 de marzo, polo que por se  aproba o Regulamento Xeral de Ingreso do Persoal ao Servizo da Administración Xeral do Estado e de Provisión de Postos    de Traballo e Promoción Profesional dos Funcionarios Civís da Administración Xeral do Estado,

Publicada a listaxe provisional de admitidos e excluidos no BOP nº 82 de data 05/05/2026 por espazo de dez días hábiles, sen terse presentado reclamacións.

RESOLVO

PRIMEIRO. Elevar a definitiva a listaxe de aspirantes admitidos e excluídos para participar no proceso selectivo para  a cobertura de 1 praza vacante de Oficial de Primeira nave almacén, Persoal Laboral fixo incluida na Oferta Pública de Emprego do ano 2025 do Concello de Ares, Grupo C1 seguinte:

Admitidos  :

  • Juan  Carlos  Candal  García  DNI:  ***6691**
  • José Ángel Chaparro Fernández DNI: ***5717**
  • David Permuy Río con DNI.- ***8069**
  • Alfonso José Varela Rey con DNI ***9080**

Excluídos : Ningún.

SEGUNDO. Designar aos seguintes integrantes do tribunal seleccionador para a selección da praza que de seguido se expresan:

Presidente D. Benito José Calvo Castro, funcionario, Director Xeral de Urbanismo do Concello de Ferrol Secretaria: : Dna Mª Concepción Dragó Porta, funcionaria, Administrativa do Concello de Ares

Vocais:

  • Dna Carmen González Tenreiro funcionaria, Tesoureira do Concello de Ares
  • Alfonso Portela Martínez, funcionario, Arquitecto Técnico do Concello de Ares
  • Manuel Larrosa Rodríguez, funcionario de habilitación nacional, Secretario-Interventor do Concello de Ares

Suplentes:

  1. Carlos Rivera López, , Persoal Laboral Oficial do Concello de Ares
  2. Javier Sánchez Romero, Persoal Laboral, Director Técnico Deportivo do Concello de Ares.

TERCEIRO.- Designar o mércores día 3 de xuño ás 17:30 horas no salón de sesións do Concello para a sesión consti-  tutiva do tribunal e fase de concurso.

 

Ares, 28 de maio de 2026

 

O Alcalde-Presidente

Asdo: Julio Ignacio Iglesias Redondo

RESOLUCIÓN en pdf