JULIO IGNACIO IGLESIAS REDONDO, ALCALDE DO CONCELLO DE ARES, POR MEDIO DO PRESENTE FAI SABER:

 

EXPOSICIÓN PÚBLICA DO CENSO ELECTORAL

En relación coa convocatoria de Eleccións ao Parlamento de Galicia 2024 o que terán lugar o vindeiro 18 de febreiro, o prazo de EXPOSICIÓN PÚBLICA DO CENSO ELECTORAL SERÁ DO 1 DE XANEIRO AO 8 DE XANEIRO DO  2024,  mediante soporte informático, no Negociado de Estadística do Concello, en horario de 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres, prazo no que calquera persoa pode presentar reclamación administrativa sobre os seus datos censais.

Para aqueles grupos que poidan verse máis afectados, coma os que cumpriron recentemente 18 anos, existe os seguintes  teléfono de consulta: 981-21 74 39, 981-21 74 26 ou  901-10 19 00.

 

Ares, 2 de xaneiro de 2024

O alcalde

 

Fdo.: Julio Ignacio Iglesias Redondo