CONVOCATORIA DO PROCESO SELECTIVO PARA A CONTRATACION LABORAL TEMPORAL DE AUXILIARES DE POLICIA LOCAL.

BASES ESPECÍFICAS PARA A CONTRATACIÓN, EN RÉXIME LABORAL TEMPORAL DE SEIS (6) AUXILIARES DA POLICIA LOCAL:

  • De 15 de xuño a 15 de setembro ambos incluídos de 2023.
  1. Obxeto da convocatoria.

O obxecto desta convocatoria é a contratación laboral temporal de seis (6) AUXILIARES DA POLICIA LOCAL, a través do procedemento de selección que se sinala nestas bases, de conformidade co disposto no Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, a Lei 7/1985, de 2 de abril, o Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, a Lei 2/2015, de 29 de abril, de emprego público de Galicia, Lei 4/2007 de coordinación de Policías locais de Galicia, Decreto 15/2023, de 12 de xaneiro, polo que se desenrola a Lei 4/2007, de 20 de abril, de coordinación de policías locais, e a Orden de 28 de xaneiro de 2009, da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se determinan as probas de selección, temarios e baremos de méritos para o ingreso, promoción interna, e movilidade nos corpos de policías locais, para a integración dos vixiantes e auxiliares de policía ou interinos, para o acceso como vixiantes municipais e da contratación de auxiliares da policía de tempada, manterá a súa vixencia nas materias que non se opoñan ó disposto neste decreto, e mentras non se publiquen no Diario Oficial de Galicia as disposicións necesarias para adaptala ás previsións do Decreto 15/2023, de 28 de xaneiro e este decreto.

1.2.- A modalidade contractual será a de un contrato temporal por tres meses ( circunstancias da produción para atender situacións ocasionais, previsibles e que teñan unha duración reducida e delimitada).

1.3.- As retribucións mensuais serán as previstas orzamentariamente.

  1. Requisitos das persoas aspirantes.

As persoas interesadas en participar neste proceso deberán posuír na data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes e manter os seguintes requisitos:

  1. a) Ser español ou nacional dun Estado membro da Unión Europea, nos termos previstos no artigo 57 do texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público, aprobado a través do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro.
  2. b) Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas propias do posto.
  3. c) Ter feitos os dezaoito anos e non exceder, de ser o caso, a idade máxima establecida no artigo 53.1.c) do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro.
  4. d) Estar en posesión do título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente ou en condicións de obtelo na data en que termine o prazo de presentación de instancias.

No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberán acreditar a súa homologación.

  1. e) Non ter sido separado/a, mediante expediente disciplinario, do servizo de ningunha Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin estar en inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, cando se trate de acceder ao corpo ou escala de persoal funcionario do cal a persoa foi separada ou inhabilitada.

Será aplicable, non obstante, o beneficio da rehabilitación conforme as normas penais e administrativas, que a persoa aspirante deberá acreditar mediante o correspondente documento oficial.

  1. f) Carecer de antecedentes penais por delito doloso.

Todos os requisitos anteriores deberán posuírse no día de finalización do prazo de presentación de solicitudes e mantelos durante o procedemento de selección, contratación e/ou permanencia na listaxe de reserva.

BASES AUXILIAR POLICÍA LOCAL en pdf

INSTANCIA AUXILIAR POLICÍA LOCAL en pdf