Renovación da adhesión coa Deputación da Coruña Campaña de sensibilización «LIBERDADE DE SER E SENTIR!»

A renovación da adhesión levouse a cabo o 19/06/2024

Dita renovación desta adhesión compromete ao Concello  á difusión en redes sociais empregando o cancelo #seresentir, utilización das imaxes oficiais e publicidade das actividades no marco da campaña.

Foi enviado o logotipo do Concello para incluílo na WEB donde a Deputación fará difusión da campaña.

A Deputación  aportará a finales do mes de Xuño un material como  Concello Adherido,  un pequeno lote de pulseiras e unha bandeira LGTB.

Resumo da campaña:

Con motivo do Día da Diversidade Sexual a área de Igualdade da Deputación da Coruña continua por sétimo ano consecutivo coa campaña de sensibilización baixo o lema de Liberdade de Ser e Sentir

Un ano máis, por sétimo ano consecutivo, e con motivo da conmemoración do 28 de xuño «día da diversidade sexual», desde Igualdade de xénero da Deputación da Coruña, impúlsase a Campaña de sensibilización «LIBERDADE DE SER E SENTIR!» un traballo colaborado e participado co obxectivo de visibilizar a importancia da tolerancia e a igualdade das persoas, independentemente da súa orientación sexual e identidade de xénero e, co propósito de normalizar e sensibilizar á sociedade sobre as diversidades sexuais da que poden formar parte todos aqueles concellos, entidades sociais, educativas e/ou empresariais interesadas.

A campaña é aberta a tódolos concellos e entidades, polo que poderase descargar e empregar calquera material audiovisual ou recurso para levar a cabo actividades e promover a súa difusión. Nestas semanas procederase a renovar/anular a adhesión dos concellos e entidades.

Desde a Deputación poremos en marcha un programa de actividades do que informaremos e colgaremos na propia web, que constará de representacións teatrais, obradoiros de sensibilización, un punto de información e material audiovisual  de libre acceso sobre bulos relacionados co colectivo.

Como sempre, na web SER E SENTIR iremos actualizando información e recursos para que os axentes sociais podan traballar coa  veciñanza e axudedes a difundir para que esta campaña de sensibilización sobre a diversidade sexual teña o maior alcance posible!

Empregarase co fin de crear comunidade, promover a difusión e concienciación da diversidade sexual, empréguese o cancelo #seresentir nas redes sociais en calquera actividade que promovades no marco da campaña.

Na web SER E SENTIR iremos actualizando información para que esta campaña de sensibilización sobre a diversidade sexual teña o maior alcance posible!

www.seresentir.gal

Estas actividades encaixan na área estratéxica 3 da diagnose de igualdade da Deputación da Deputación » promover na sociedade valores de respecto á igualdade e á diversidade e o rexeitamento ás violencias» e concretamente na OE 3.6 «fomentar un maior coñecemento das desigualdades e discriminacións por razón de xénero ou orientación sexual»