CASA IRMÁS RAMOS BUGALLO

Rúa Real, 64/66

Popularmente coñecidas como as casas xemelgas, son na realidade casas irmás, como as súas donas: similares pero distintas. Elas eran Josefa e Sara Ramos Bugallo, dúas irmás que deciden a finais dos anos vinte facer dúas vivendas a partir da antiga casa familiar. Os seus maridos, emigrados en Cuba, Arturo Fuentes e Emilio Fernández, financian a remodelación nunha das principais rúas da vila.

 

Aínda que diferentes forman un todo unitario, tanto na fachada da Rúa Real como na contrafachada da Rua da Lúa. O deseño magnifica a luz e a transparencia grazas ás galerías policromadas de estilo modernista, obra do carpinteiro Ángel García.

Os vidros verdes, os azulexos na parte superior, os ornamentos de forxa, as cornixas e os balcóns fan destas casas unha verdadeira xoia da arquitectura indiana aresana.

 

Pero para saber máis terás que escoitar a audioguía que podes atopar aquí:

 

Un de Santiago, unha de Mugardos, e un de Lugo, pasean por Ares. Que nos poderán contar eles que nós non saibamos?