A TENENCIA

Lugar da Tenencia Estamos ante un dos símbolos da emigración máis importante desta vila redeña. Este edificio é moito máis cos muros e arquitectura que vemos. Tras destas paredes agóchanse moitos nomes, xeracións enteiras construíndo un futuro mellor. A Tenencia foi fundada pola Sociedad Agrupación Instructiva de Redes y Caamouco na Habana. José Calvo Pérez […]

CASA DA CUBANA

CASA DA CUBANA R/ Paralelo Sita na Rúa Paralelo, “Santa Amalia”, ou máis ben A Casa da Cubana que é o nome que lle da a veciñanza de Redes, é unha das maiores vivendas indianas da bisbarra. Luciano Rojo López foi, coma tantos outros, un emigrado a Cuba. Alá a sorte sorriulle e chegou a […]

CASA PEPE FREIRE

CASA PEPE FREIRE R/Nova, 50 Esta casa, evidentemente, é unha excepción no noso roteiro pola arquitectura indiana, xa que estamos ante unha casa do século XVIII, e que non foi restaurada ao modo modernista, como outras que podedes atopar pola vila. A importancia desta casa reside no feito de ser a casa dun dos precursores […]

CASA PACO BELLO

CASA PACO BELLO R/ Nova, 21 A Rúa Nova é o segundo grande eixo de crecemento de Redes despois da Avenida de Gaspar Rodríguez. Tal é así que despois de ter emigrado a Cuba, Francisco Bello Casteleiro (1876-1952), decide reformar a casa familiar ante a que nos atopamos. Paco Bello marchou de novo a La […]

CABRIAS

CABRIAS Pedregal e praia de Area Morta Antes do que hoxe vemos, todo o porto de Redes estaba cheo de cabrias. Hoxe, grazas ao esforzo colectivo, podemos ver varias recreacións delas. As antigas eran de madeira de castaño, con dous paus verticais e uns apoios horizontais ou entenois, o que serían os balcóns da cabria. […]

CASA CONCHA AMADO

CASA CONCHA AMADO Avda. Gaspar Rodríguez, 84 Con tan só 13 anos, José lópez Martínez, emigra a Cuba xunto con algúns veciños. Era o ano 1894. Despois dalgunhas voltas da vida, acaba traballando nunha ferretería e pouco a pouco, e con certa prosperidade, decide remodelar a casa natal. Novamente, Domingo Pires, xunto con Domingo Viana, […]

CASA DE OLIVA

CASA DE OLIVA Avda. Gaspar Rodríguez, 40 Esta vivenda de máis de douscentos anos de antigüidade, adquiriu o seu aspecto máis ou menos actual tras unha reforma feita polo artesán portugués Domingo Pires no ano 1912 da que da fe unha inscrición que aparece no chan, diante da porta. Non sabemos se nese ano remataron […]

CASA BENITO ROJO

CASA BENITO ROJO Avda. Gaspar Rodríguez, 2 Benito Rojo López, emigrou a Chile no ano 1905 onde comezou traballando no “Almacén La Rueda” en Iquique. No 1912 casa con Albina e encoméndalle ao mestre de obras José Calvo a construción desta vivenda que supón un perfecto exemplo da arquitectura indiana: Fachada principal simétrica, fiestra redonda […]