Anuncio convocatoria para a concesión de postos no edificio do Mercado Municipal de Ares (postos núm. 3, 6, 7 e 8)

ANUNCIO CONVOCATORIA PARA A CONCESIÓN DE POSTOS NO EDIFICIO DO MERCADO MUNICIPAL DE ARES (POSTOS Nº 3, 6, 7 e 8)

Dada conta do acordo adoptado pola Xunta Municipal de Goberno en sesión celebrada o 11/06/2024, pola que se acordou efectuar convocatoria para a concesión de postos municipais no edificio do mercado municipal de Ares (POSTOS Nº3, 6, 7 e 8), faise pública dita aprobación e procédese á súa convocatoria, con arranxo ao seguinte prego.

En Ares a 17 de xuño do 2024  O Alcalde,

Asdo: Julio Ignacio Iglesias Redondo

 

PREGO DE condicions para a CONCESIÓN DE POSTOS MUNICIPAIS NO EDIFICIO DO MERCADO MUNICIPAL DE ARES (postos

nº 3 nº 6, nº 7 e nº 8 ) Obxecto.

É obxecto das presentes bases regula-lo procedemento e o contido da concesión demanial para o uso privativo do     posto 3, do posto 6, do posto 7 e do posto 8, vacantes no edificio de mercado municipal de Ares de 7,5 m2 aproximada- mente, cada de un deles.

Estas bases, cos documentos que preceptivamente o integran, formará parte do contrato que no seu día se outorgue.

  1. Procedemento : Libre. Aberto
  2. Forma : Subasta
  3. Prazo : 10 anos ( 7 anos máis 3 de prorroga)
  4. Canon e Prezo mensual da concesión.

Un mesmo solicitante non poderá resultar adxudicatario de máis dun posto.

As persoas solicitantes deberán indicar na solicitude a actividade que se pretende desenvolver no posto no caso de resultaren adxudicatarias, sempre relacionado coa actividade dos mercados municipais.

ANUNCIO E BASES en pdf