Corrección de erros anuncio de bases para oficial de primeira
ANUNCIO
Faise público que por Decreto de Alcaldía nº0489/2026 de data 02/06/2026 acordouse: “DECRETO DA ALCALDIA
Publicada no BOP de data 25/05/2026 a convocatoria para a “PROVISIÓN EN RÉXIME LABORAL TEMPORAL DUNHA PRAZA DE OFICIAL DE PRIMEIRA. UNIDADE DE ABASTECEMENTO DE AUGA. Segundo as Bases aprobadas pola Xunta Municipal de Goberno, en sesión extraordinaria celebrada o día 18 de maio de 2026
Advertido erro material na Base CUARTA: REQUISITOS DOS ASPIRANTES, no apartado i) Permiso de conducir Tipo BE, e dada conta de que existe un erro, por canto o permiso correcto é o B, tal e como se especifica na instancia aprobada ao efecto
Esta Alcaldía en uso das competencias conferidas pola Lei 7/1985, de 2 de abril, Regulador das Bases do Réxime Local na redacción dada pola lei 57/2003 , de 16 de decembro, o Real Decreto Legislativo 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local, a Lei 5/1997 , de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia e o Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulalmenlto de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais.
VEN EN RESOLVER
Primeiro.- Aprobar a corrección de erro material advertida na Base CUARTA: REQUISITOS DOS ASPIRANTES, no apartado i) Permiso de conducir Tipo BE, dada conta de que existe un erro, por canto o permiso correcto é o B, tal e como se especifica na instancia aprobada ao efecto.
Segundo.- Publíquese o anuncio da rectificación no BOP”
Ares a 2 de xuño do 2026 O Alcalde-Presidente
Julio Ignacio Iglesias Redondo