O Concello Ares finaliza a intervención “PROYECTO BÁSICO Y DE EJECUCIÓN DE CAMINO DE SALGUEIRAS – CHANTEIRO – ARES” cun orzamento que ascende a 79.989,32 € (IVE Engadido) e financiada co Procedemento: Subvencións a concellos para actuacións de embelecemento do litoral galego, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión EuropeaNextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento TU503G).

A financiación outorgada por Turismo de Galicia ascende ao 90% do orzamento subvencionable da actuación presentada, chegando a subvención proposta a esta Entidade ao importe de 71.990,39 €, e recibida ao abeiro da Resolución do 14 de marzo de 2023 da directora de Turismo de Galicia establece as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións a concellos para actuacións de embelecemento do litoral galego, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento TU503G) (DOG núm. 54, do 17 de marzo de 2023). A mencionada resolución foi modificada pola resolución do 11 de abril de 2023 (DOG núm. 72, do 14 de abril).

O proxecto plantexado por esta entidade “PROYECTO BÁSICO Y DE EJECUCIÓN DE CAMINO DE SALGUEIRAS – CHANTEIRO – ARES” encadrase na Liña 1: Transición verde e ecolóxica para a rehabilitación do patrimonio en espazos singulares do litoral, e que conta coa documentación esixida nas bases da convocatoria.

Como queda reflectido na descrición e xustificado coa intervención executada  perséguense os seguintes

  • Obxectivos:
  • Transición verde e ecolóxica
  • Rehabilitación do patrimonio do espazo natural singular da enseada de Chanteiro e a súa contorna.
  • Recuperación do camiño verde orixinal como vehículo que fomentará a biodiversidade da zona.
  • Conexión de dous importantes puntos de atracción turística e histórica.
  • Creación dun novo roteiro por unha zona verde.
  • Restauración ambiental e integración paisaxística da senda na súa contorna.
  • Recuperación ambiental dun ecosistema perturbado por accións deportivas sen control.

A actuación realízase polo concello de maneira individual e dentro do marco de gastos seguintes:

  • Man de obra externa, execución material, equipamentos e instalacións.
  • Funcionamento dos servizos municipais, en concreto, a conservación de camiños municipais de importancia estratéxica.

Os obxectivos propios da intervención son:

  • Protección do medio ambiente e do espazo natural, poñendo en valor camiños mixtos, para tráfico rodado e peonil, que comunican núcleos de poboación do concello.

O presente proxecto atende os criterios de:

  • Recuperación de comunicacións internas a través de camiños mixtos.