O Concello Ares finaliza a intervención “PROXECTO PARA A DIXITALIZACIÓN DAS RUTAS DE SENDEIRISMO DO CONCELLO DE ARES” cun orzamento que ascende a 18.059,25 € (IVE Engadido) e financiada co Procedemento: Subvencións a concellos para actuacións de embelecemento do litoral galego, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión EuropeaNextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento TU503G).

A financiación outorgada por Turismo de Galicia ascende ao 90% do orzamento subvencionable da actuación presentada, chegando a subvención proposta a esta Entidade ao importe de 15.000,00 €, e recibida ao abeiro da Resolución do 26 de decembro de 2023 do director de Turismo de Galicia establece as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións a concellos para actuacións de embelecemento do litoral galego, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e procede á súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento TU503G) (DOG núm. 25, do 5 de febreiro de 2024).

O proxecto plantexado por esta entidade “PROXECTO PARA A DIXITALIZACIÓN DAS RUTAS DE SENDEIRISMO DO CONCELLO DE ARES encadrase na Liña 2: Transición dixital dos recursos con potencial turístico no litoral, e que conta coa documentación esixida nas bases da convocatoria.

Pretendemos a dixitalización de tres rutas turísticas por medio de códigos QR que usarán a páxina web do Concello, baixo o dominio www.concellodeares.gal e xestionado polo mesmo CMS que na actualidade xestiona os contidos, serán creados os espazos para as URLs de aterraxe de cada un dos QR que creemos, desde o xenéricos con información de cada ruta ata os específicos de cada un dos puntos de interese, este sistema é escalable, co cal no futuro se poderán crear mais rutas dun xeito similar.

Cada Ruta terá un QR de descarga da información xeral da ruta, na que se atopará o punto de arranque e de fin da ruta, explicación sobre a súa dificultade, así como a posibilidade de descargarse o Track da ruta para o navegador ou o folleto el formato dixital (PDF), segundo a opción que escolla para facer a ruta.