O Concello de Ares recibe unha axuda por importe de 45.000,00 € por parte de Augas de Galicia para o financiamento do proxecto “Actuacións para reducir as infiltracións na Rede de saneamento municipal” que ascende a 66.557,89 € financiado ao abeiro da Resolución do 28 de marzo de 2025 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a execución de actuacións para reducir as infiltracións nas redes de saneamento municipais en concellos da Comunidade Autónoma de Galicia, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede a súa convocatoria para o ano 2025 con carácter plurianual (código de procedemento AU300D) (DOG núm. 71, do 11 de abril de 2025).

Actuación atópase contemplada nas medidas para minimizar as perdas na rede, dispostas no “MEMORIA TÉCNICA PARA AUDITORÍAS DÁS REDES DE SANEAMENTO MUNICIPAIS DE ARES PARA A DETECCIÓN DE INFILTRACIÓNS”, na que se define un plan de actuación para reducir as infiltracións na rede de saneamento municipal.

A través da execución deste proxecto ten se deescribe o trazado e desconexión das redes de augas brancas así como a renovación dos colectores de saneamento de augas fecais nunhas rúas do Centro urbano de Ares, alén da instalación dun sistema dixital de control e xestión de verteduras con sensor de ultrasóns en dous puntos de control preparados para telelectura, permitindo con iso dispoñer dunha información moito máis exacta, máis periódica e de acceso inmediato.