RESOLUCIÓN DA ALCALDIA Nº 526/22

Alcalde-Presidente

D.Julio Ignacio Iglesias Redondo

Asunto:   LISTA    AGARDA   AUXILIAR   ADMINISTRATIVO  –  PROCESO  DE SELECCIÓN OBRADOIRO EMPREGO REINICIA IX

A vista da Resolución da Alcaldía 469/22 de data 27-09-2022 na que aprobase a selección definitiva dos candidatos/as dos postos de Dirección, Docentes e Aux. Administrativo do obradoiro de emprego REINICIA IX

Recibida instancia de Dna. Amparo Garcia Aneiro (Docente de Ensino Básico do Obradoiro de Emprego REINICIA IX), con Rexistro Núm. 2022-E-RE-1295 en data 14-10- 2022 na que solicita a AUTORIZACIÓN DE COMPATIBILIDADE para o desempeño do posto como auxiliar administrativo, en réxime laboral, a tempo parcial e con duración determinada do Obradoiro de emprego REINICIA IX.

A vista da Resolución da Alcaldía 525/2022 de data 17-10-2022, na que acordase denegar a petición de compatibilidade solicitada por Dna. Amparo García Aneiros, notificando en tempo e forma a interesada da resolución súa solicitude.

Esta Alcaldía en uso das súas competencias, e mais concretamente segundo o establecido no Artigo 21 da Lei 7/1985 do 2 de abril Reguladora de Bases do Réxime Local,

RESOLVE:

Primeiro.- Proceder coa seguinte na listaxe definitiva de aspirantes para o posto de Auxiliar Administrativo segundo a súa puntuación obtida por orde de maior a menor.

Segundo.- Aprobar a seguinte na lista de agarda e comunicar ao señor alcalde a seguinte proposta para a súa contratación:

  • Auxiliar Administrativo: Sambade Tarrela, Mª Jesus

Así o acorda e dispón o Sr. Alcalde-Presidente D. Julio Ignacio Iglesias Redondo, en Ares a, dezasete de outubro de dous mil vinte e dous, e do que eu como Secretario-Acctal dou fe.

O ALCALDE
D.S.M. O SECRETARIO-ACCTAL

RESOLUCIÓN en pdf