RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA
Asunto: PROCESO SELECTIVO PARA A CREACIÓN DUNHA LISTAXE DE RESERVA PARA A COBERTURA DAS EVENTUAIS VACANTES OU AUSENCIAS QUE SE POIDAN DAR NOS POSTOS DE LIMPIADOR/A MUNICIPAL PARA REALIZAR CONTRATACIÓNS LABORAIS TEMPORAIS OU NOMEAMENTOS INTERINOS.
Tendo en conta as bases que regulan a creación dunha listaxe de reserva para a cobertura das eventuais vacantes ou ausencias que se poidan dar nos postos de limpiador/a municipal para realizar contratación laborais temporais ou nomeamentos interinos publicadas no BOP número 140 do 24 de xullo de 2025.
Vista a resolución dictada pola Alcaldía Presidencia en data 12/08/2025 con nº 676/2025, aprobando a listaxe de admitidos/as no proceso selectivo e advertido erro material por non ter admitido dúas aspirantes, que presentaran a solicitude de participación, en tempo e forma.
Vista a Acta de data 14/08/2025 asinada polo Tribunal calificador designado para o procedemento de selección, que tras revisar a documentación aportada polos/as aspirantes detectou omisión de documentación subsanable para levar a cabo a valoración da fase de concurso.
Esta Alcadía, visto-los preceptos de xeral aplicación, e en especial as competencias conferidas pola Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, o Real Decreto Lexislativo 781/1986, do 18 de abril, O Real Decreto 2568/1986, do 28 de novembro e a Lei 5/1997, do 22 de xullo, da Administración Local de Galicia,
VEÑO EN RESOLVER:
Primeiro.- Aprobar a lista definitiva de aspirantes admitidos e excluidos no proceso selectivo “Creación dunha listaxe de reserva para a cobertura das eventuais vacantes ou ausencias que se poidan dar nos postos de limpiador/a municipal para realizar contratación laborais temporais ou nomeamentos interinos” segundo se expresa a continuación:
1.1.- Admitidos.-
DNI | NOME E APELIDOS |
***4970** | ANA ISABEL FERRO LEIRA |
***0408** | CARMEN MARIA RIOS LOUREIRO |
***7259** | CLARA MARIA LEIRO MONTEAGUDO |
***1871** | HIGINIA HERMIDA FEAL |
***6931** | MARIA ANGELES SILVAR VARELA |
***5710** | MARIA CARMEN VILLAR PIÑEIRO |
***0745** | MARIA FERNANDA MAROTO LOURIDO |
***1933** | MARIA JOSE CURRAS CAMPELLO |
***2108** | MARIA ROUCO CASAL |
***6065** | MILAGROS VARELA PENA |
***7654** | SONIA MARIA MARCOS GARCIA |
1.2.- Excluidos/as.
– Ningún/ha
Segundo.- Á vista da Acta de data 14/08/2025 asinada polo Tribunal calificador designado para o procedemento de selección, se acorda requerir aos aspirantes que non aportaron a documentación necesaria para a valoración da fase de concurso no prazo improrrogable de 10 días naturais a contar dende o día seguinte á publicación da presente no taboeiro de anuncios do Concello e na web municipal, citándose aos efectos ás seguintes aspirantes, significandose que de non aportar a documentación requerida, os méritos manifestados non serán tidos en conta:
- María Fernanda Maroto Lourido: Non aporta “vida laboral”.
- Ana Isabel Ferro Leira : Non aporta “vida laboral”/contratos laborais
- Sonia Mª Marcos García: Non aporta “vida laboral”.
- Mª José Currás Campello: Non aporta contratos
- Higinia Hermida Feal: Non aporta contratos laborais.
- María Rouco Casal: Non aporta contratos laborais nin certificado de servizos
“BASE 8ª. CONCURSO: Experiencia Profesional:
Os méritos alegados polos /polas aspirantes deberán acreditarse para a súa valoración, exactamente, do seguinte xeito (non sendo obxecto de valoración en caso contrario):
- Os Servizos prestados na Administración pública, mediante certificación expedida pola autoridade ou funcionario competente, que reflicta as tarefas desempeñadas e modelo oficial vida
- Os Servizos prestados en empresas privadas, mediante presentación do modelo oficial vida laboral aos que deberán acompañar, inescusablemente os contratos de traballo debidamente rexistrados no SEPE.
- Os servizos prestados mediante contratación administrativa de servizos, con copia do contrato e certificado da Administración pública onde se prestaron e o tempo total de prestación.
- Os servizos prestados como autónomo/a, mediante certificado de alta no IAE e certificado da Administración pública ou representante da empresa privada que poidan acreditar un tempo de servizos para as mesmas. En todo caso dos referidos documentos deberá desprenderse o traballo que desempeñaba a persoa interesada especificando as funcións e tarefas realizadas”.
Así o acorda e dispón o Sr. Alcalde, en Ares, á data da sinatura electrónica ao marxe, do que eu Secretario dou fe.
O Alcalde D.S.M. O Secretario